Resolución de problemas |
As encomendas de tradución individuais e o traballo en equipa poñen á proba a adquisición dos conceptos e destrezas manexados nos problemas e exercicios. |
-- |
|
|
|
|
Traballo tutelado |
Elaboración en equipa e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun folleto de divulgación técnico-científica. |
25 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C2 C3 C4 C5 C8 C14 C17 C22 C28
|
D2 D5 D6 D7 D8 D12
|
A presente disciplina pode
cursarse, na primeira convocación anual, en rexime de avaliación
continua (en que se
valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a
participación regular e activa nas aulas)
ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocación de xullo
só é posíbel o rexime de avaliación única (exame oficial). Na primeira convocación anual, enténdese que un alumno opta polo rexime de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina!) cando realiza algunha das actividades da avaliación continua (encomendas de tradución individuais, traballo en equipa). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na media aritmética ponderada das clasificacións nas tres encomendas de tradución individuais (dúas presenciais sen auxilio de computador [cada unha das cales, 26 % da clasificación global] e unha non presencial [23 %]) e no traballo en equipa (25 %); non obstante, no caso de a media aritmética das clasificacións nas tres encomendas de tradución individuais (ponderadas cos valores 35 %, 35 % e 30 %,
respectivamente) ser inferior a 4,9 pontos, a clasificación global coincidirá con esa media aritmética de tres clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da convocación de xullo (de cuxa parte teórica ficarán eximidos no caso de teren apresentado, no correspondente ano lectivo, un traballo en equipa satisfactorio, con clasificación de 5,0 pontos ou superior) ou acollérense aos reximes de avaliación de sucesivas convocacións. (As encomendas de tradución individual serán lanzadas entre a penúltima semana lectiva de marzo e a última semana de abril, e o traballo en equipa será exposto e entregado na terceira semana de maio). O exame oficial da disciplina (convocacións de maio [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato]) consta dunha parte práctica (75 % da clasificación global) e --se o aluno non estiver isento por ter apresentado no mesmo ano traballo en equipa satisfactorio (v. supra)-- dunha parte teórica a redixir en galego (25 % da clasificación global); a parte práctica do exame, para cuxa realización o alunno deberá comparecer provido dalgún dicionario impreso de alemán (bilingüe), consiste en dúas traducións para galego de textos redixidos en alemán destinados á socialización do coñecemento técnico-científico, unha breve e presencial, realizada sen auxilio de computador (70 % da clasificación da parte práctica), e outra extensa e non presencial (30 % da clasificación da parte práctica). |