Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula
Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, a corrección de traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula, revisión de traducións publicadas e algúns exercicios relacionados coas sesións maxistrais.
A efectos de avaliación terase en conta a participación activa.
10 A1
A2
A3
A4
C1
C3
C8
C14
C17
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
Resolución de problemas de forma autónoma
Realizaranse e entregaranse dúas encargas de tradución.
Nos dous casos é necesario realizar unha análise inicial, incluir as fontes documentais consultadas e un comentario sobre as decisións de tradución.
40 A1
A2
A3
A4
C1
C3
C8
C14
C17
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
Resolución de problemas Realizarase un exame que consistirá na tradución dun texto do francés ao español na data fixada polo decanato par a convoctoria de maio.
Pódense usar medios telemáticos de consulta.
É necesario ter polo menos un 5 para poder aplicar as porcentaxes de cada apartado.
50 A1
A2
A3
A4
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
C13
C14
C17
C28
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D15
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas  de entrega de traballos, probas, etc.

O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

AVALIACIÓN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria única.

AVALIACIÓN DE XULLO

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha
cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame oficial publicada polo
decanato coas seguintes condicións:

a) Si ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Resolución de problemas de forma autónoma (encargos de tradución) (40 %) e Traballos de aula (10 %), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de maio.

b) Si non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados:Resolución de problemas de forma autónoma (encargos de tradución) (40 %) e Traballos de aula (10 %) terá que realizar obrigatoriamente un exame que constará das seguintes partes:
  • tradución do francés ao español (80% da nota da proba)
  • comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación telemáticas.

AVALIACIÓN ÚNICA
Consistirá nun exame que constará das seguintes partes:
  •  tradución do francés ao español (80% da nota da proba)
  • comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación telemáticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000