Esta materia é continuación de Tradución idioma 2,I inglés-español e Tradución idioma 2,II inglés-español e concíbese como un espazo didáctico no que afianzar os obxectivos alcanzados nesas materias. O alumnado porá tamén en práctica a competencia para detectar e resolver problemas de tradución, deseñar estratexias xerais de tradución para o transvasamento de textos completos de diferentes variedades de uso, realizar de forma apropiada o proceso de tradución nesta combinación lingüística e defender o seu traballo. Dáse por suposto que o alumno posúe bos coñecementos das linguas e culturas de traballo.