Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Haberá unha encomenda de tradución que se deberá entregar na semana 12 e cuxos parámetros quedarán especificados en Faitic. 40 C4
C8
C17
C18
C22
C27
D4
D7
D14
D22
Presentación O alumnado presentará o seu proxecto na clase, diante dos compañeiros e da profesora. 10
Cartafol/dossier O alumnado deberá subir o traballo de aula a Faitic seguindo as indicacións da profesora. Este cartafol de aula será obligatorio para a avaliación continua considerarase para axustar a nota final e resolver as asignacións de Matrícula de
Honra en caso pertinente.
0
Proxecto O alumnado realizará un proxecto que se entregará na semana 16 30
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha proba en aula que incluirá preguntas sobre os contidos vistos ata o momento e a(s) lectura(s) obrigatoria(s) (que indicará a profesora ao comezo do cuadrimestre e quedará(n) reflectida(s) en Faitic). Esta proba terá lugar na semana 13. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. De preferir o sistema de avaliación única, o alumnado deberá indicalo por escrito á docente nas dúas primeiras semanas de curso. En caso contrario, a avaliación realizarase seguindo os parámetros e requirimentos de avaliación continua, arriba indicados. O feito de non indicar a intención de someterse á avaliación única significa que o alumnado non poderá ser cualificado con Non presentado por avaliación continua.

Avaliación continua

O alumnado deberá seguir os requirimentos arriba indicados.

Avaliación única

Haberá un exame único na data marcada no calendario de exames da FFT que abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos (o alumno terá que aprobar cada unha das partes para aprobar a materia).

Segunda edición de actas

Haberá un exame único na data marcada no calendario de exames da FFT que
abranguerá todos os contidos da materia, tanto teóricos como prácticos
(o alumno terá que aprobar cada unha das partes para aprobar a materia).

Outros comentarios

Presencialidade
Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular.O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias á docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Alumnado erasmus

Necesítase un nivel B2 de lingua A español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000