O alumnado de avaliación continua ten que entregar, en prazo e en FAITIC (e copia impresa), todas as tarefas solicitadas. A asistencia e participación nas tarefas de aula terase en conta na nota final. Se o alumno non pode seguir este sistema de avaliación a cualificación será únicamente a cualificación do exame final de maio, o que tamén se aplicará aos alumnos que se presenten ao exame de xullo. A data da proba da avaliación única (maio/xullo) será a fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade. A parte teórica versará sobre os contidos da materia e as lecturas obrigatorias establecidas en cada unidade e que estarán dispoñibles en FAITIC no cartafol correspondente (e a novela obrigatoria). O alumno terá que redactar esta parte en inglés. A parte práctica do exame final será unha tradución ao inglés dun texto que siga a tipoloxía dos contidos da materia, e un comentario crítico tradutolóxico das súas propostas de tradución (redactado en inglés). O alumnado poderá utilizar material de consulta (dicionarios ou glosarios) agás fontes telemáticas. O alumnado terá que superar as dúas partes da proba. A teoría suporá o 30 % do exame e a práctica o 70 %. Non se mantendrán partes aprobadas para a convocatoria de xullo. Ao alumnado que siga a avaliación continua se lles gardarán as partes superadas do exame final para a convocatoria de xullo, sempre que esté aprobada polo menos unha encomenda. Terán que repetir a parte suspensa do exame e manteranse as demais notas do curso. Se están as dúas encomendas suspensas terán que presentarse á proba única nesa convocatoria. As datas de entrega das encomendas e a proba serán as mesmas para os dous grupos. O alumnado escollerá a novela obrigatoria. A profesora ten que aceptala escolla. Ten que ser unha tradución ao inglés dunha novela escrita orixinalmente en castelán. En todas as probas e tarefas catro erros gramaticais serios implicarán un suspenso (un 3,5/10). Se se detecta que os traballos ou tarefas son plaxios a cualificación será 0. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novedades a través de Faitic, así como estar ao tanto das datas das probas de avaliación). |