Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación III: Terminoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba tipo test, de resposta curta e prácticas de análise terminolóxica.
Avaliación individual.
40 A3
A5
C5
C18
D4
D6
D22
Resolución de problemas de forma autónoma Entrega de traballos de curso (10%). Avaliación individual.

Resolución de cuestionarios en equipo de traballo (10%)
20 A2
C3
C5
C8
C17
C18
D4
D6
D22
Presentación Elaboración e presentación do traballo de dossier terminográfico en equipo de traballo. Contidos e presentación (10%) 10 A2
A3
C3
C5
C8
C10
C11
C17
C18
D3
D4
D6
D7
Traballo tutelado Elaboración e presentación dun traballo terminográfico en equipo de traballo (30%)
30 A2
A3
A5
C5
C8
C10
C11
C17
C18
D3
D6
D7
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA:

A docencia desta materia organízase en 2 grupos teóricos e 3 grupos prácticos. A adscrición a cada grupo presencial determinarao a docente segundo a combinación lingüística e a orde alfabética e debe respectarse na medida do posible durante todo o curso.

O alumnado deberá entregar unha ficha de clase nas dúas primeiras semanas do curso para manifestar así a súa decisión de acollerse á avaliación continua. A data límite de entrega de ficha será o 24 de setembro de 2018, salvo excepción xustificada ante a docente. Se non o fai nese prazo entenderase que renuncia a ela. En todo caso, para poder acollerse a esta modalidade, é necesario entregar TODAS as tarefas nos prazos indicados. O alumnado que por motivos de traballo ou saúde non poida asistir a todas as clases deberá comunicarllo persoalmente á profesora.
Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua a nota de cada unha das partes deberá ser igual ou superior a 5/10.

AVALIACIÓN ÚNICA:No caso de non presentarse por avaliación continua, o alumnado deberá presentarse ao exame final de avaliación única, que suporá o 100% da materia e terá lugar nas datas que se indiquen oficialmente e que se publicarán tamén en plataforma. O exame constará das seguintes partes:

a) Proba teórica tipo test e resposta curta (30 %)
b) Proba práctica (30 %)
c) Traballo individual tutelado consistente na elaboración dun diccionario terminográfico (40 %) que se entregará de modo previo á realización do exame.
É igualmente necesario superar cada unha das partes cun 5/10 para superar a materia.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE XULLO: No caso de non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da convocatoria de xullo, que suporá o 100% da materia, salvo indicación en contrario da docente. Esta proba realizarase nas mesmas condicións que se fose de avaliación única e terá lugar na data oficial indicada polo Decanato.

Independentemente do sistema de avaliación elixido non superará a materia quen incorra en plaxio ou copia total ou parcial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000