Lección maxistral |
As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a terminoloxía especializada de tradución, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Resolución de problemas |
Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
|
Traballo tutelado |
Inclúese neste apartado un traballo de entrega obrigatoria que verserá sobre un aspecto de estilística contrastiva entre as linguas alemá e galega. Este traballo, que se fará individualmente, deberá ser exposto na aula. Entregarase, ademais, un resumo dos resultados ou aspectos máis importantes do estudo. O resumo quedará ó dispor das/dos compañeiras/os nas TIC. Durante as horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
A/O alumna/o ten que consensuar o tema deste estudo coa profesora. |
Eventos científicos |
Prevése a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de
estudo, segundo a programación das actividades da facultade. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (farase un test de nivel de lingua alemá e de tradución), así como a presentar a materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía exhaustiva que estará ó dispor do alumnado en FaiTic e a bibliografía de lectura obrigatoria. |