O plaxio será motivo de suspenso. Non se admiten máis de 2 falsos sentidos. Non se admiten máis de 2 faltas graves de gramática ou ortografía. Será necesario aprobar cada unha das subpartes (mínimo 5/10) para realizar media de conxunto. O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (en avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo-data oficial publicada na web da FFT). Especifícanse a continuación as condicións: A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (AVALIACIÓN ÚNICA) 1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso ( 25% da nota) que se realizará o mesmo día da proba con tempo limitado. Ver data oficial publicada na web da FFT 2. Tradución na aula con tempo limitado (1h 50') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT 3.Encomenda de tradución comentada que o alumnado recibirá o día da proba con tempo limitado (ver data oficial publicada na web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) 1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso (25% da nota) que se fixará o día da proba con tempo limitado na aula. Ver data oficial publicada na web da FFT 2. Tradución na aula con tempo limitado (1h 50') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT 3.Encomenda de tradución comentada que o alumnado recibirá o día da proba con tempo limitado (ver data oficial publicada na web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota |