Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O alumnado deberá facer unha encomenda de tradución cun comentario crítico que xustifique as súas propostas. O traballo será individual. Data de entrega: semana do 22 ao 25 de outubro.
25 A2
C3
C4
C8
C27
D4
D9
Proxecto O alumnado debe facer un proxecto en parellas ou en pequenos grupos sobre aspectos culturais de EEUU ou Australia. Ten que facer unha presentación na clase (15%) e unha tradución comentada (20%). As intruccións completaránse na clase. Data entrega das dúas tarefas: novembro. 35 A2
A3
A4
C2
C8
C17
C22
D7
D9
D14
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame constará dunha tradución dunhas 250 palabras con comentario traductolóxico. O alumnado ten que aprobar o exame para aprobar a materia. A proba realizarase na data oficial fixada pola FFT. 30 A1
C1
C17
C22
C27
D4
D9
D22
Outras Traballo individual sobre unha novela escrita en lengua inglesa. Data de entrega: semana do 8 ao 11 de outubro (5%).
Traballo individual sobre tradutor e cultura (data a concretar, 5%).
10 A1
C3
C33
D17
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

O alumnado ten que ler unha novela escrita en lengua inglesa e entregar un traballo obrigatorio sobre a mesma. 

A avaliación continua é a modalidade de ensino esperable. Enténdese que un alumno segue a avaliación continua se presenta TODOS os traballos en tempo e forma e realiza as probas propostas na materia. Aqueles alumnos que non desexen acollerse a esta avaliación (e, por tanto, fagan á avaliación única) deberán comunicalo por escrito durante as primeiras dúas semanas de clase.

Se, por causa de forza maior (traballo, enfermidade…) debidamente xustificado, o estudante non puidese seguir a avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

O alumnado acollido á avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos do curso. Non se manterán as partes aprobadas para xullo.

Penalizarase acopia e o plaxio.

Na avaliación, é importante non só a calidade do contido, tamén a corrección lingüística.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade presencial (avaliación continua) poderá acollerse á única. Nese caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar na data oficial fixada pola FFT. De non superar a materia na primeira edición de actas, disporá dunha segunda oportunidade en xullo (2ª edición de actas). A proba terá lugar na data fixada pola facultade.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas á totalidade de contidos abordados ao longo do cuadrimestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é de 5 sobre 10. Como material de apoio só é posible utilizar diccionarios (as fontes telemáticas non estar permitidas). O exame constará dun exercicio de tradución dunhas 250 palabras (60%), cuestións sobre aspectos culturais de EEUU e Australia, sobre a novela de lectura obrigatoria e unha (posible) pregunta de control de lectura teórica (40%).

Penalizarase a copia e o plaxio cun 0.

Na avaliación, é importante non só a calidade do contido, tamén a corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novedades na plataforma de teledocencia Faitic, e estar ao tanto das datas das probas de avaliación. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000