Lección maxistral |
Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que deberá desenvolver o alumnado. |
Saídas de estudo |
O grupo de estudantes, orientado polo docente, percorrerá lugares ou instalacións e/ou visitará exposicións ou eventos relacionados cos contidos da materia. O obxectivo da saída de estudo é de identificar e analizar produtos ou prácticas reais de tradución en medio urbano, público ou privado (dependendo da autorización correspondente). Para a saída contarase cos medios económicos e co apoio loxístico que facilitará a Universidade de Vigo.
A presencialidade (6 horas) corresponde a 3 sesións de dúas horas que non se impartirán na aula. Nesta ocasión, a docencia trasladarase fóra do campus, ó lugar da saída de estudo. De non ser posible organizar a saída por dificultades de organización co espazo receptor, as horas correspondentes destinaranse a obradoiros, e as actividades que neles se fagan contarán para a nota do curso, na porcentaxe prevista. |