Esta materia é continuación de "Tradución idioma 1,I: inglés-español" (directa) e concíbese como un espazo didáctico no que o alumno ha de afianzar os obxectivos alcanzados en segundo curso. Ademais, o estudante adquirirá competencia na resolución de problemas relacionados coa ideoloxía nos textos e coa aparición doutros códigos diferentes do lingüístico (musical, visual) e iniciaráselle no mundo profesional da tradución, no que entrará de cheo no seguinte cuadrimestre. Dáse por suposto que o alumno posúe bos coñecementos das linguas e culturas de traballo, que sabe deseñar estratexias xerais de tradución, detectar e resolver problemas de tradución, que coñece as fontes documentais básicas para a tradución, que é capaz de levar a cabo de forma apropiada o proceso de tradución e de defender o seu traballo.