a) Avaliación continua e única
O alumnado poderá adherirse a un dos dous sistemas de avaliación estimados, é dicir, avaliación continua (v. 1) ou avaliación única (v. 2) 1 Avaliación continua: para o alumnado que realice as 2 probas examinatorias de máis abaixo, así como que entregue as actividades solicitadas ao longo do curso. As actividades obxecto de entrega e avaliación serán: -- resumo individual en galego dun dos procesos de tradución que aparecen na bibliografía, que se presentará e describirá durante as sesións (a cualificación será entregado ou non entregado): 15%. A entrega é non presencial a través de Faitic, durante a semana de 10 a 13 de outubro. -- revisión e corrección xustificadas individuais dunha tradución (a cualificación será numérica): 20%. A entrega é presencial, durante a segunda sesión da semana de 21 a 24 de novembro. Así mesmo, para superar a materia e facer media, é imprescindible aprobar tamén as dúas probas examinatorias que se realizarán ao longo do curso (metade e final de curso). A primeira proba (45%) será durante a segunda sesión da semana de 24 a 27 de outubro e contará cunha parte teórica
(contexto, introdución, teoría, procesos, ética...) e unha proba práctica
(tradución (300 palabras máximo) con dicionario). A segunda (20%) consistirá na realización dunha tradución (600 palabaras máximo) ao final de curso (durante a penúltima sesión de aula). No caso de suspender unha delas (entrega de actividades ou probas de exame), gardarase a aprobada até o exame oficial de xullo (data oficial). 2 Avaliación única:Existen dúas convocatorias: en decembro (na data oficial de exame fixada pola FFT) e en xullo (igualmente, na data oficial). As probas consisten en:
— proba teórica: conformada a partir dos contidos de "[lectura obrigatoria]" que aparecen en Faitic (e dispoñibles na biblioteca). A extensión será acorde co tempo de exame.
Proba individualizada sen consulta de materiais, nin dicionarios. Será
unha proba de tipo test. O alumnado será penalizado con -0.2, no caso de
resposta incorrecta; — proba práctica 1:
tradución con dicionario (galego-castelán) de textos
tematicamente vinculados aos empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Faitic). A extensión será
acorde co tempo de exame; — proba práctica
2: tradución sen dicionario (castelán-galego) de textos tematicamente vinculados aos
empregados nas prácticas (e dispoñibles a través de Faitic). A extensión será
acorde co tempo de exame. En ningún caso,
as probas serán compensatorias entre elas. A cualificación de
aprobado/a acadaraa quen supere todas e cada unha delas. c) Baremo e outros comentarios
O baremo é
o seguinte: 1 Exercicio de proba teórica sobre lecturas: resposta incorrecta: -0,2.
Os erros ortograficogramaticais, así como os tipográficos
tamén descontan nesta parte, tal e como aparece a continuación. 2 Exercicio de tradución: Sen sentido (SS): -1,00Contrasentido (CS): -1,00 Omisións (Om): -1,00 Erro de gramática (G): -0,50 Erro de sintaxe (S): -0,50 Erro de ortografía (O): -0,25 Non idiomático ou erro de estilo (E): -0,15 A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a
través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as
probas de avaliación teñen lugar. |