Prácticas en aulas informáticas |
Para estas prácticas precísase dispor de equipo informático con conexión a Internet. Farase sobre todo traballo documental previo á tradución e traballo de aprendizaxe dalgunhas ferramentas básicas para a tradución. Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. |
Actividades introdutorias |
Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Explicarase, en especial, o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e a de lectura obrigatoria. Ao finalizar, e xa como traballo autónomo, o alumnado deberá localizar na biblioteca da facultade a bibliografía dada. |
Traballo tutelado |
Inclúese aquí o traballo que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua (20 % da nota). O traballo versará fundamentalmente sobre algún aspecto das culturas D-A-CH ou da lingua orixe que poida presentar dificultades de tradución. O alumnado contará coa tutela da docente. Durante as horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración e presentación do traballo. Incluirase un resumo destas normas na plataforma TEMA. |
Resolución de problemas |
Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas sesións maxistrais, nas horas presenciais farase o traballo previo de análise e resolución de dúbidas. A seguir, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase especialmente en conta na avaliación continua. |
Eventos científicos |
Prevése a asistencia a eventos divulgativos como conferencias ou presentacións de programas de
estudo, segundo a programación das actividades da facultade |
Lección maxistral |
As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos máis teóricos da materia, como a descrición do mercado da tradución do alemán ou a tipoloxía de erros, así como contidos teóricos fundamentais para desenvolver as tarefas prácticas, como aspectos contrastivos morfosintácticos e estilísticos entre as dúas linguas, referentes culturais etcétera. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |