Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As sesións maxistrais dedicaranse a explicar os contidos teóricos da materia, que axudarán a acometer daquela as tarefas prácticas. Preténdese que sexan sesións participativas e sempre contarán con numerosa exemplificación e soporte práctico.
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas horas presenciais, farase o traballo previo de análise. Logo, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, farase unha posta en común e corrixiranse os traballos. Esta tarefa poderán realizala na aula ou en biblioteca, titorizados en tempo real a través de Faitic pola profesora.
Traballos de aula Consisten en exercicios que se levan a cabo na clase. Poden consistir, por exemplo, en exercicios de resolución de problemas tradutivos ou de análise textual. Avaliaranse conxuntamente estes exercicios e as prácticas autónomas a través de TIC.
Traballo tutelado Realizaranse varias traducións ao longo do curso coa tutela da profesora. Ao final do curso terán que facer unha encomenda de tradución, fixada na última sesión docente e para a que haberá un prazo de entrega de 7 días.
Presentación O alumnado exporá nas aulas exercicios, traducións, etc. que se pidan ao longo do curso.
Actividades introdutorias Actividades de presentación da materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e de lectura obrigatoria.
**O alumnado de intercambio deberá facer unha proba de nivel. Dependendo do resultado, recomendaráselles matricularse (ou non) na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000