1ª edición das actas As/os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A copia ou o plaxio nas probas das avaliacións continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura de expediente sancionador para a alumna/a que o cometa, nas dúas edicións das actas. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais, exercicios, avisos e novidades a través da plataforma de teledocencia Faitic, así como estar ao tanto das datas programadas para as probas de avaliación. En calquera caso, recoméndase a asistencia regular ás clases e o uso dos recursos (biblioteca, ferramentas electrónicas) para faciltar o logro das competencias. Cómpre ter en conta que na avaliación desta materia é especialmente relevante a corrección lingüística, que posúe un carácter central. De existir alumnado de intercambio, prestarase atención ás súas necesidades específicas. Avaliación continua
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota. A non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta. Para poder calcular media, deberase acadar unha nota mínima de 5 tanto no exame como nos traballos escritos (traballo tutelado, traballos de aula). Condicións: -Entrega das prácticas de clase, realización da exposición oral (última semana de clase) e entrega dos traballos que son obxecto de avaliación, nos prazos establecidos pola docente ao longo do curso e recollidos na plataforma TEMA. O prazo máximo para a entrega do traballo tutelado coincidirá co día do exame oficial, establecido pola FFT. -Realización do exame escrito. A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT. Avaliación única 1. Exame sobre os contidos da materia: 75%. 2. Traballo escrito: elaboración dun texto de especialidade, sobre o modelo do artigo científico: 25%. Para poder calcular media, deberase acadar unha nota mínima de 5 tanto no exame como no traballo escritos (traballo tutelado). A data do exame de avaliación única será a establecida pola FFT e recollida no calendario oficial da FFT. O prazo máximo para a entrega do traballo tutelado coincidirá co día do exame oficial, establecido pola FFT. 2ª edición das actas (xullo) Os mesmos criterios de avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). A avaliación farase a través dun exame (75%) e dun traballo escrito (25%). Para poder calcular media, deberase acadar unha nota mínima de 5 tanto no exame como no traballo escrito. O alumnado de avaliación continua que non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa, dado que manterá as cualificacións iguais ou superiores a 5. Ao alumnado de avaliación única gardaráselle tamén a cualificación igual ou superior a 5 que obtivese nalgunha das dúas probas, de xeito que só deberá presentarse ás partes pendentes. A copia ou o plaxio nas probas de avaliación poderá motivar a solicitude de apertura de expediente sancionador para a alumna/o que o cometa. En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás titorías e a consulta dos materiais e informacións específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua. A data do exame será a recollida no calendario oficial da FFT. O prazo máximo para a entrega do traballo tutelado coincidirá co día do exame oficial, establecido pola FFT. |