Segundo idioma estranxeiro IV: Portugués/V01G180V01406
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Portugués/V01G180V01207
Outros comentarios
Un bo nivel en lingua galega favorecerá a comprensión dos contidos de lingua portuguesa nesta materia.
A lectura e a audición de textos en lingua portuguesa axudan a aumentar o léxico e a fluidez en lingua portuguesa.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
Aviso importante para estudantes Erasmus: O ensino de lingua portuguesa na UVigo está dirixida a persoas que teñen o galego e/ou o castelán como linguas maternas, de maneira que a progresión é habitualmente rápida. Por iso, non se recomenda a matrícula a estudantes Erasmus que non teñan xa un nivel B1 nestas linguas e, como mínimo, un B1 alto en lingua portuguesa.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000