Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Idioma 2, IV: Inglés/V01G230V01405


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés/V01G230V01205
 
Outros comentarios
Recoméndase o estudo diario da materia, a lectura das explicacións gramaticais dadas na clase, o desenvolvemento dos exercicios prácticos e a autocorreción. Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B2+ de inglés (Marco Europeo de Referencia das Linguas) . Ademais da asistencia regular ás sesións presenciais, resulta imprescindible para seguir e superar a materia o uso dos recursos bibliográficos. Sendo así, é altamente recomendable que o material manexado polo alumnado inclúa a lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, o visionado de videos, series e similares en lingua inglesa. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido senón tamén a súa corrección lingüística. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de estar ao tanto das datas nas que as probas terán lugar. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno/a da súa responsabilidade neste aspecto. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos, ordenador, conexión a internet ou calquera outro medio electrónico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000