Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Dado que nas sesións maxistrais se lles ofrecerán ós alumnos e alumnas os conceptos e as ferramentas de traballo básicos, a avaliación destes contidos farase tanto a través dos exames escritos como dos outros tipos de probas contemplados nesta guía como, por exemplo, comentarios de artigos previamente seleccionados. No caso dos comentarios de artigos, estes redactaranse en función de normas que se explicarán en sesión maxistral. A bibliografía obrigatoria estará dispoñible na plataforma de ensino a distancia ó comezo do semestre. A bibliografía poderá estar en varias linguas, aínda que se procurará garantir a igualdade de oportunidades de acceso ós contidos entre idiomas I. 60 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C10
C12
C22
C24
C27
D1
D4
D6
D7
D8
D14
Resolución de problemas Presentaránselles ós estudantes diferentes tipos de exercicios que fagan referencia ós contidos desenvolvidos nos temas. Poderán ser exercicios de tradución, pero tamén outros como: emisión de facturas, redacción de encargas, elaboración de informes, análise de traducións e doutros tipos de textos, etc. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C10
C12
C17
C21
C22
C24
C27
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D19
Foros de discusión A participación nos foros de discusión ten carácter obrigatorio. Preténdese que cada estudante reflexione e participe con intervencións no intercambio de interpretacións sobre o tema de aprendizaxe, e que participe neles dentro dos prazos sinalados. 5 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C12
C17
C22
C24
D4
D6
D7
D8
D14
D19
Estudo de casos Preséntaselle ó alumnado unha situación real de tradución ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar os problemas que presenta. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación contínua

A presencialidade enténdese dentro e fóra das aulas. A avaliación das actividades de carácter non presencial concirne principalmente a participación nos foros de discusión, ó longo dos cales o estudantado deberá entregar, dentro dos prazos acordados, comentarios sobre os temas dos contidos, así como informes de lectura de documentos previamente propostos. A avaliación destes traballos farase consonte os criterios de corrección e adecuación aos contidos do curso que se empregarán na avaliación das actividades presenciais.

A avaliación contínua da
parte común (grupos A) consistirá en cinco probas presenciais ou non
presenciais con prazo de entrega limitado. A primeira proba terá que entregarse
na data de febreiro de 2019 que se lle comunique ó alumnado a comezos de curso.
A segunda proba terá que entregarse na data de marzo de 2019 que se lle comunique
ó alumnado a comezos de curso. A terceira proba terá que entregarse na data de
abril de 2019 que se lle comunique ó alumnado a comezos de curso. A cuarta e
quinta proba terán que entregarse nas datas de maio de 2019 que se lle
comunique ó alumnado a comezos de curso.
As cinco partes doprograma non se impartirán de forma secuencial senón que se amecerántransversalmente arredor dos eixes temáticos das leccións maxistrais. Cadaproba poderá logo referirse a varios dos temas dos contidos. As probas consistiránxeralmente en responder a preguntas sobre unha fonte de estudo previamentesubida á plataforma.

A avaliación contínua da parte combinada (Grupos C) incluirá un exame que se celebrará o día fixado no calendario oficial de exames da facultade.

No que atinxe ás segundas convocatorias e seguintes, o protocolo de proba será o mesmo, polo que as convocatorias se resolverán de idéntica maneira.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2019):

O alumnado que non opte pola avaliación contínua fará un exame final na data fixada no calendario oficial de exames da facultade.

O alumnado interesado terá que realizar obrigatoriamente as dúas partes, e deberá presentarse obrigatoriamente a estas sesións. No caso da parte común, o exame poderá consistir nunha proba presencial ou nun traballo.

En caso de aprobar unha das partes e suspender a outra, o alumno non terá que repetir na convocatoria de xullo a parte aprobada. A nota da parte aprobada conservarase ata a convocatoria de xullo de 2019 e fará media coa da outra parte en caso de que esta sexa aprobada en xullo.

Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2019)

Na convocatoria de xullo de 2019 os alumnos farán un exame final de toda a materia, ou ben da parte suspensa ou non presentada na convocatoria anterior. O exame celebrarase na data fixada pola facultade e constará dunha parte teórica (50%) e outra práctica (50%).

O alumnado interesado terá que realizar obrigatoriamente as dúas partes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000