Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Probas prácticas da expresión orais e/ou presentación oral de forma individual para reforzar as destrezas comunicativas de expresión (Speaking). Unha proba sobre os dous artigos xornalísticos e unha sobre os temas do libro do alumno das unidades 7 ao 10 referentes aos exercicios de expresión oral.
As dúas probas teñen o mesmo peso específico da nota que será o 24% da nota final.

24 A4
C4
C18
C24
D9
D14
D15
D22
D23
Práctica de laboratorio Una proba da destreza de comprensión oral (Listening). 24 A4
C18
C24
C27
D9
D15
D17
D23
Práctica de laboratorio Una proba práctica de comprensión escrita (Reading) dun texto que será avaliada mediante proba escrita. 16 A4
C4
C18
C24
C27
D15
D17
D23
Práctica de laboratorio Dúas probas prácticas de expresión escrita (Writing). 16 A4
C4
C18
C24
C27
D15
D17
D23
Probas de resposta curta Unha proba sobre a materia asignada, conceptos teóricos e a súa aplicación. Resolución de exercicios prácticos de resposta curta (fill in the gaps, transformation cloze, multiple choice, etc.) relacionados coas destrezas lingüísticas (Use of English). 20 C4
C18
D9
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
CONSIDERACIÓNS XERAIS

1.1. A
cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas
traballadas ao longo do cuadrimestre segundo as porcentaxes que se indican:

- DESTREZAS COMUNICATIVAS (80% da nota final) Listening: 24%; Speaking: 24%;
Reading: 16%; Writing: 16%.

 - RESOLUCIÓN DE EXERCICIOS PRÁCTICOS (Use of English) (20% da nota final)

1.2. As obras de
lectura obrigatoria (dous artigos xornalísticos) serán avaliadas mediante
probas orais nas dúas edicións de actas (maio e xullo), independentemente do
sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte.

1.3. Para superar
a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como
nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das
destrezas. O alumnado que na primeira edición de actas obteña una cualificación
de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s)
correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo para poder aprobar a totalidade
da materia.

1.4. Non se
contempla o exame único do mes de maio como exame de recuperación para aprobar
a(s) parte(s) da(s) destreza(s) suspensa(s) na avaliación continua. De non
superalas en xullo, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en
cursos académicos posteriores. Polo tanto, as partes superadas carecerán de
validez para datas e cursos posteriores.

1.5. O plaxio
total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso
automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá
ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

1.6. Non se
permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos
(teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) durante a realización dos
exames.

2. PRIMEIRA
EDICIÓN DE ACTAS (maio)

Existen dous
sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira
oportunidade e participar nun deles, implica a imposibilidade de participar no
outro.

2.1.
Avaliación continua
: - O
alumnado entregará unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante
as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será
imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian
realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que
corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as
actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0. A avaliación,
tanto continua coma única, terá en conta non só pertinencia e calidade do
contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística. - O alumnado,
para poder optar á avaliación continua, deberá entregar os dous exercicios de
expresión escrita (Writing). A entrega deberá realizarse en man ás profesoras
nas datas sinaladas máis abaixo nesta apartado. Non se aceptarán traballos
enviados por internet ou depositados nas caixas de correo das profesoras. En
caso de imposibilidade de entrega persoal por motivos xustificados, poderase
enviar o traballo por internet. A cualificación final daquelas/es alumnas/os
que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta as
seguintes datas e probas a realizar (todas en horario de clase): Semana 6:
proba de "Speaking" dos dous artigos xornalísticos. Semana 7: proba
de "Writing". Entrega da primeira redacción. Semana 11: proba de
"Listening" e "Reading" (comprensión dun texto). Semana 11:
proba de "Speaking" dos exercicios das destrezas comunicativas orais
do libro do alumno (unidades 7 ao 10). Semana 12: proba de "Writing"
(entrega da segunda redacción) e "Use of English". Semana 12:
"Speaking" dos exercicios das destrezas comunicativas orais do libro
do alumno (unidades 7 ao 10). Para as probas de "Speaking" das
semanas 6, 11 e 12, asignarase a cada alumno/a unha data específica por
preferencia ou sorteo co fin de facilitar a asistencia ao exame do alumnado que
por motivos xustificados impídelles asistir nun dos días da semana sinalados.

2.2.
Avaliación única (maio):
- A avaliación final do segundo cuadrimestre desenvolverase na data oficial
aprobada pola Xunta de centro e deberá ser consultada polo alumnado na páxina
web da Facultade. A cualificación final do alumnado que se acolla a este
sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas
na proba final. A proba constará das partes necesarias para avaliar todas as
destrezas: Listening: 24%; Speaking: 24%; Reading: 16%; Writing: 16%. A suma
das catro destrezas será o 80% da nota. Por outra banda, a resolución de
exercicios prácticos (Use of English) computarán un 20% da nota obtida.


3. SEGUNDA
EDICIÓN DE ACTAS (xullo)

3.1. O exame que
o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias
para avaliar todas as destrezas (Reading, Listening, Writing, Speaking e Use of
English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo
ca na primeira edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia
será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota
global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas
e no "Use of English". A suma das catro destrezas (80%) e "Use
of English" (20%) sumarán o 100% da nota final obtida.

3.2. É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas na que as probas de avaliación
teñen lugar. Os mesmos criterios, aquí descritos tamén se aplicarán ao alumnado
alleo. Para poder seguir a docencia, recoméndase que o alumnado alleo
posúa un nivel B2 (Marco Europeo de Referencia) de inglés.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000