Esta materia ten como obxectivo a consolidación das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel avanzado C1, iniciado no cuadrimestre anterior coa materia "Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés". O nivel final do curso será tamén C1, segundo os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
A materia céntrase no uso da lingua inglesa co foco en tres compoñentes: 'Use of English and Vocabulary', 'Reading' e 'Writing'. Os materiais teóricos e prácticos seguirán o modelo de Cambridge Advanced Examination (CAE).