Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés/V01G230V01303
Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés/V01G230V01403


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés/V01G230V01103
 
Outros comentarios
Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia. O alumnado que non posúa o nivel de partida (mínimo B2, preferiblemente C1, iniciado na materia Inglés 1-I) terá que procurar formación en inglés pola súa conta (EOI, Centro de Linguas, materiais bibliográficos, etc.). Recoméndase o emprego e consulta cotidianos da plataforma de teledocencia FAITIC/TEMA. O profesorado proporcionará material e contactará co alumnado a través dela. As datas de avaliación serán publicadas na citada plataforma con suficiente antelación. A avaliación, tanto continua coma única, terá en conta non só pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística. Durante as clases o alumnado non poderá utilizar dispositivos móviles (teléfono, tableta, PDA ou similares) nin ordenadores, a non ser que o profesorado permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica. Igualmente, non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) durante a realización dos exames. De haber alumnado pertencente ao Programa Sénior na materia, o seu proceso de avaliación poderá ser diferente do aplicado ao resto do alumnado e será acordado coa docente con suficiente antelación. Os criterios aquí descritos tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus, etc.). En caso de non poder acceder á plataforma FAITIC, o alumnado alleo deberá contactar cos docentes da materia para liquidar este impedimento. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Cómpre lembrar ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright. Ningunha parte dos libros de texto e de lectura poden ser reproducidos, alterados, editados ou usados por calquera forma ou medio, electrónico ou mecánico, inclusive fotocopias, gravacións, Internet ou sistema de almacenamento de datos, sen permiso por escrito dos autores ou editoriais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000