Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta USE OF ENGLISH AND VOCABULARY: unha proba sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos impartidos nas clases teóricas (leccións maxistrais) da destreza 'Use of English and Vocabulary'. 30 A1
A2
A4
C1
C2
C4
C18
C24
C27
C30
D4
D6
D15
D22
D23
Exame de preguntas obxectivas READING: avaliación da destreza de "Reading" (comprensión escrita, lectura) por medio de exercicios de resposta curta e de tipo test (i) das 4 tasks de CAE (multiple-choice, multiple matching, cross-text multiple matching, gapped text), e (ii) do 'fiction book' de lectura obrigatoria (set book). 35 A1
A2
C8
C13
C18
C24
C27
C30
D4
D6
D9
D15
D22
D23
Exame de preguntas de desenvolvemento WRITING: avaliación da destreza de "Writing" mediante a elaboración de 3 probas escritas realizadas de xeito autónomo polo alumnado: Informal email, Review, Essay. 35 A1
A2
A4
C8
C18
C24
C27
C30
D4
D6
D9
D15
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIÓNS XERAIS

O dominio das competencias lingüísticas e comunicativas a nivel C1 será avaliado por medio de varias probas parciais para cada unha das destrezas especificadas na guía docente.

A cualificación final da materia será calculada tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, coa seguinte distribución:  (A) USE OF ENGLISH AND VOCABULARY = 30%, (B) READING = 35%, (C) WRITING = 35%. 

Os tres compoñentes da materia serán avaliados mediante probas escritas nas dúas edicións de actas (maio e xuño/xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte. 

Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global da materia (do 100%), sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada un dos compoñentes ('Use of English and Vocabulary', 'Reading', 'Writing'). É dicir: cómpre aprobar cada un dos tres compoñentes da materia cun 5. Estas condicións aplícanse nas dúas edicións de actas e independentemente do sistema de avaliación.

O alumnado que na primeira edición de actas obteña una cualificación de suspenso nalgún dos compoñentes recibirá unha nota globalde Suspenso, PERO na segunda edición de actas soamente deberá repetir as partes correspondentes a tales compoñentes suspensos para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas na segunda edición de actas, o/a estudante deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores. Xa que logo, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursos posteriores ao curso ao que se aplica esta guía docente.

A) 1ª EDICIÓN DE ACTAS.

Existen dous sistemas de avaliación -- continua (A1) e única (A2) -- nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro. 

A.1) AVALIACIÓN CONTINUA.

O alumnado que opte por esta opción deberá entregar unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De non ser así, o profesorado asumirá que o alumnado escolleu a opción de avaliación única.

Igualmente, será imprescindible a participación do alumado nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0. A realización dunha ou varias das probas parciais nas sesións docentes implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado.  Non se contempla o exame oficial da primeira edición de actas como exame de recuperación para aprobar a(s) destreza(s) suspensa(s) na avaliación continua.

As probas de avaliación terán lugar en horario lectivo ao longo do cuadrimestre, en datas anunciadas ao comezo do curso e con suficiente antelación para a súa preparación.

- USE OF ENGLISH AND VOCABULARY: unha proba de preguntas curtas e de tipo test. Esta proba terá lugar ao final do cuadrimestre según el model de Cambridge Advanced Examination.

- READING: dúas probas, (i) unha proba sobre todas as tasks de Cambridge Advanced Examination descritas na sección de Contidos, co formato establecido por CAE; (ii) unha proba de preguntas curtas e de tipo test sobre o 'fiction book' establecido como lectura obrigatoria. Estas probas terán lugar de xeito progresivo en horario das clases prácticas (seminarios).

- WRITING: unha proba para cada unha das tasks de Cambridge Advanced Examination descritas na sección de Contidos, co formato establecido por CAE. Estas probas terán lugar de xeito progresivo en horario das clases prácticas (seminarios).

A.2) AVALIACIÓN ÚNICA (MAIO).

A avaliación única terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da Facultade de Filoloxía e Tradución e deberá ser consultada polo alumnado na páxina web da Facultade. 

A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas nesta única proba. A proba constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas impartidas durante o cuadrimestre: (A) USE OF ENGLISH AND VOCABULARY = 30%, (B) READING = 35%, (C) WRITING = 35%. O peso da cada un dos compoñentes na cualificación será o mesmo que os indicados para a avaliación continua e, igualmente, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada un dos compoñentes.

B) 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO/XULLO).

A avaliación da 2ª edición de actas terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da Facultade de Filoloxía e Tradución e deberá ser consultada polo alumnado na páxina web da Facultade. O exame constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas: (A) USE OF ENGLISH AND VOCABULARY = 30%, (B) READING = 35%, (C) WRITING = 35%. O peso de cada un dos compoñentes na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual xeito, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada cada un dos compoñentes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000