Traballo |
Consistirá na elaboración de prácticas propostas en clase no que se avaliará a competencia do alumnado no relativo ao dominio das técnicas e mecanismos de síntese e redacción dun texto. |
10 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C3 C4 C18
|
D1 D7 D12 D23
|
Ao comezo do curso, o alumnado deberá indicarlle á docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (traballos de aula, presentacións, probas, etc.) ou avaliación única (o exame terá lugar na data indicada no calendario oficial de exames da FFT). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas. O exame para o alumnado que opte pola modalidade de avaliación continua terá lugar durante a última semana do curso. O alumnado que opte pola avaliación continua e que non supere a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso. O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario. O exame de xullo constará dunha parte teórica e unha parte práctica. Tanto nas probas como no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc.; se durante a corrección de actividades e traballos detéctase copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán. |