Lección maxistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións. |
Presentación |
Actividade práctica. A profesora da materia explicará a técnica axeitada para realizar unha presentación oral. A partir desta os/as discentes elaborarán a súa exposición. O seguinte paso consistirá na exposición oral (en grupos de tres ou catro persoas) dun tema que se escollerá na clase. |