Eventos científicos |
Valorarase a asistencia a calquera actividade programada relacionada coa materia e a entrega dunha recensión persoal.
|
5 |
A2 A5
|
|
C25
|
D8 D15
|
Lección maxistral |
Valorarase a atención dos discentes, a súa curiosidade intelectual, a reflexión e mesmo o debate se se considera oportuno. |
15 |
A2 A3 A4 A5
|
|
|
|
Para poder optar á avaliación continua, débense cumprir os seguintes requisitos: entrega de ficha debidamente cuberta nas primeiras semanas, asistencia habitual ás aulas, e entrega dos traballos obrigatorios.
O alumnado que opte pola modalidade presencial someterase ás dúas probas avaliables necesarias para conseguir o aprobado da materia: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica do galego e outra sobre as cuestións traballadas durante o curso respecto a construción e corrección textual, gramática e léxico-semántica. Ámbalas dúas probas deberán ser superadas. De ser o caso, realizarase unha media aritmética cara á cualificación final deste apartado. Na segunda edición das actas non se conservará a cualificación de ningunha das dúas probas superadas.
O alumnado que non se acolla á modalidade presencial realizará na data oficial de exame tanto unha proba teórico práctica sobre os contidos da materia, coma unha proba oral e terá ademais a obriga de entregar un traballo individual consensuado de antemán coa profesora. O mesmo sistema seguirase cos alumnos que concorran á segunda ou posteriores convocatorias.
Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso.
|