Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas informáticas - Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa ofimática avanzada aplicada á tradución (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas -pero so unha delas avaliable- (45%).
- Proba práctica, de execución de tarefas reais e/ou simuladas, relacionada coa Tradución Asistida por Computador (que integra o uso das TIC) constituída por tres encomendas -pero so unha delas avaliable- (25%).
70 A1
A2
A3
A4
A5
C10
C11
C14
C23
C31
D5
D12
D15
Exame de preguntas obxectivas - Exame de preguntas obxectivas para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre ofimática avanzada aplicada á tradución; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
- Exame de preguntas obxectivas para validar os coñecementos e destrezas adquiridos polo alumnado na realización da proba práctica sobre a Tradución Asistida por Computador; e tamén para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos de maneira autónoma polo alumnado relacionados cos temas pertinentes (15%).
30 A1
A2
A3
A4
A5
C14
C31
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CONSIDERACIÓNS DE TIPO XERAL RELACIONADAS COA
AVALIACIÓN DA MATERIA: 
Fontes en liña para o seguimento das
actividades relacionadas, directa ou indirectamente, coa avaliación da materia

Para poder estar informado/a puntual e
detalladamente ao respecto de todas as cuestións relacionadas, directa ou indirectamente, coa avaliación da materia, en
especial das DATAS DE REALIZACIÓN E/OU ENTREGA DAS DIFERENTES PROBAS TEÓRICAS
E/OU ENCOMENDAS PRÁCTICAS; o alumnado ten a obriga de consultar as seguintes
fontes en liña de seguimento das actividades da materia; habilitadas para este
mester polos/as docentes da materia y que actualízanse cada curso académico:

  1. Horarios e/ou titorías
    da materia
    : Pódense consultar os horarios e/ou as titorías da materia na páxina
    web http://jmv.webs.uvigo.es/horario.htm . Os
    posíbeis cambios puntuais que se poidan realizar por causas varias vanse
    anunciar na páxina web de "anuncios" en http://jmv.webs.uvigo.es/anuncios.htm . Por
    illo, é conveniente que o alumnado consulte sempre a devandita páxina web de
    anuncios antes de acudir ás titorías.
  2. Cualificacións da materia. Todas as cualificacións da materia vanse publicar, exclusivamente,
    na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/evaluacion.htm
    . Non se van publicar cualificacións nin no FaiTIC nin na porta do despacho do
    profesorado da materia.
  3. Planificación "idea e real" das actividades da materia. A programación "ideal" das
    actividades da materia considérase como a programación "a priori" das
    actividades da materia, antes de empezar a súa docencia. Pódese, de maneira
    xeral, consultar na Guía Docente (fonte oficial, sen datas específicas); e, de
    maneira resumida e cas datas explícitas, na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm ou
    no calendario, por días, dispoñible na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/horario.htm#planificacion-ideal-calendario
    . Esta información actualízase diariamente á "realidade" do momento na páxina
    web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm

2. - PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS DA MATERIA

Na primeira edición de actas da materia o
alumnado vai ter ao seu dispor dúas modalidades de avaliación diferentes (excepcionalmente
non excluíntes en esta materia):
a modalidade de "avaliación continua" e a modalidade de
"avaliación única".

2.1. - Primeira edición de actas da materia:
modalidade de "avaliación continua"

A modalidade de "avaliación continua", como o seu
nome indica, está pensada para o alumnado que teña previsto asistir ás sesións
presenciais da materia (54 horas, a priori, en total).

Si ben a asistencia do alumnado ás clases é un
dereito, pero non un deber; é o profesorado quen debe habilitar os medios
necesarios para facilitar a avaliación continúa ao alumnado que non asista ás clases. Por todo illo:


  • Aínda que non é obrigatoria a asistencia as devanditas
    sesións-horas presenciais para poder acollerse a esta modalidade de
    avaliación, desaconséllase a mesma a aquel alumnado que non poida asistir a
    un mínimo do 80% das sesións presenciais (44 horas).

  • En calquera caso, o alumnado que decida acollerse a esta
    modalidade sen asistir as sesións presenciais vai ter exactamente os
    mesmos dereitos e as mesmas obrigas que os/as que si asistan as sesións
    presenciais.

  • O alumnado que decida acollerse a esta modalidade sen asistir ás
    sesións presenciais non van ter tampouco ningún tipo de trato preferente
    e/ou de axuda adicional polo devandito feito. Por exemplo, é
    responsabilidade súa estar informados/as sobre as datas de entrega das
    diferentes probas e/ou das datas de realización das probas presenciais se
    as houbera; tamén é responsabilidade súa conseguir o material que os/as docentes da materia poidan distribuír nas clases presenciais, e/ou deixar
    na web, na plataforma de teledocencia ou no servizo de reprografía. Tampouco
    poden esixir "clases particulares"; aínda que, obviamente, poden consultar
    as súas dúbidas nas horas de titoría, como os/as demais alumnos/as da
    materia.

  • Por último, para evitar "suplantacións de identidade", o alumnado
    que decida acollerse á modalidade de avaliación continua,
    obrigatoriamente, vai ter que entregar aos/ás docentes da materia unha
    FICHA DE ALUMNO/A onde conste, entre outros aspectos: o seu nome e
    apelidos, o seu correo-e (por favor, evitade correos de Hotmail e
    Outlook), o seu teléfono de contacto e a súa fotografía (¡imprescindible!).
    Se non entrega a devandita ficha antes da primeira proba/encomenda a
    entregar, non se lle va a corrixir a devandita proba/encomenda nin tampouco
    as seguintes. O alumnado fica avisado desta especial circunstancia
    intrínseca desta modalidade de avaliación.

Na procura da equidade de todo o alumnado da materia, independentemente da asistencia ou non ás sesións
presenciais, polo feito de non ser imputable ao alumnado, vanse ter en conta as especiais circunstancias de: 1) O alumnado de
selectividade da convocatoria de setembro e o alumnado de intercambio (Erasmus,
Sócrates, etc.) que normalmente incorpórase máis tarde á docencia do curso; 2)
O alumnado con algún tipo de disminución física e/ou psíquica que requira
dunha especial adecuación do sistema de avaliación, sempre e cando a súa
disminución veña avalada por algún dos estamentos competentes da Universidade
de Vigo: Gabinete Psicopedagóxico, titor/a PAT (Plan de Acción Titorial), etc.;
3) Calquera outro caso que, segundo os/as docentes da materia, requira dun
tratamento da avaliación diferenciado.

O alumnado que se acolla á modalidade de
avaliación continua poderá (e deberá) ir acumulando nota ao longo do curso até un máximo de 10,0 puntos posíbeis (o 100% da nota final da materia).

Para aprobar a materia na avaliación continua
desta primeira oportunidade oficial de avaliación o alumnado deberá obter un mínimo
de 5,0 puntos sumando a cualificación obtida nas probas prácticas e a
cualificación obtida nas probas de tipo test obtidas na avaliación continua da
materia. Unha vez obtida esta cualificación, se quere, non fai falta que
entregue ningunha práctica/proba máis. So existe unha excepción a esta norma:
se o alumnado que participa na avaliación continua obtén finalmente entre 4,5 e
4,9 puntos váiselle outorgar un "aprobado/a condicional de 5,0 puntos". Este
aprobado/a condicional vaise converter en "aprobado/a de 5,0 puntos" se o/a
alumno/a implicado/a entrega en tempo e forma un "traballo adicional" que lle
será encomendado polos/as docentes da materia. De non entregar o devandito
traballo adicional en tempo e forma e/ou si o traballo entregado non é
cualificado de maneira que o/a alumno/a consiga os 0,1-0,5 puntos necesarios
para obter os 5,0 puntos, a cualificación obtida será a obtida inicialmente; a de "non
aprobado/a".

A excepción do caso explicado anteriormente, a
cualificación final obtida vai ser inamovíbel, salvo error manifesto de cómputo
nas cualificacións, alegacións tidas en conta dentro do período contemplado
para illo e/ou circunstancias moi excepcionais que serán estudadas polos/as
docentes da materia. De existir algunha variación nas cualificacións, estas van
ser sempre publicadas na web da materia e poderán ser consultadas por todo o
alumnado.

O alumnado que non supere a avaliación continua
desta primeira oportunidade de avaliación oficial ou queira mellorar a nota
obtida na mesma pode tamén presentarse á avaliación final da primeira
oportunidade de avaliación oficial (esta é unha excepcionalidade desta materia).
Neste caso, a cualificación que vai constar na súa primeira oportunidade de avaliación
oficial vai ser sempre a obtida no exame único da avaliación final (aínda que
sexa menor que a obtida na avaliación continua ou sexa de suspenso/a tendo
previamente a avaliación continua aprobada). Para o alumnado que non supere
(non se presente ou non aprobe) a avaliación continua desta primeira oportunidade,
e non se presente á avaliación final única; a cualificación final que vai
constar na acta oficial da materia vai ser a de NON PRESENTADO/A (N.P).

2.1.1. - Cronograma de traballo na avaliación continua da primeira oportunidade da materia

Semana nº 1 (4h00' "a priori"; 3h30' horas efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-1: Actividade introductoria (3h00' "a priori"; 2h50' efectivas, equivalentes a 2,33h).
  • TEMA-2, MÓDULO-1: Práctica en aula informática. PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-1 (1h00' "a priori"; 0h55' efectivas, equivalentes a 0,92h).

Semana nº 2 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-2, MÓDULO-1: Práctica en aula informática. PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-1 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50 h).

Semana nº 3 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-2, MÓDULO-1: Práctica en aula informática. PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-1 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h).

Semana nº 4 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-2, MÓDULO-1: Práctica en aula informática. PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-2 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h).

Semana nº 5 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-2, MÓDULO-1: Práctica en aula informática. PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-2 (2h00' "a priori"; 1h45' efectivas, equivalentes a 1,75h).
  • TEMA-2, MÓDULO-1: Práctica en aula informática. PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-3 (2h00' "a priori"; 1h45' efectivas, equivalentes a 1,75h).

Semana nº 6 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-2, MÓDULO-1: Práctica en aula informática. PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-3 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h).

Semana nº 7 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-2, MÓDULO-1: Sorteo para decidir a encomenda a entregar da PRÁCTICA-1 (ENCOMENDA-1, ENCOMENDA-2 ou ENCOMENDA-3).
  • TEMA-2, MÓDULO-1: Periodo de finalización da PRÁCTICA-1 a entregar (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h).

Semana nº 8 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-2, MÓDULO-1: Periodo de finalización da PRÁCTICA-1 a entregar (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h).
  • TEMA-2, MÓDULO-1: Entrega da PRÁCTICA-1 a avaliar; máximo de 4,50 puntos.
Semana nº 9 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):
  • TEMA-1 E TEMA-2, MÓDULO-1: Proba de tipo test TEST-1; máximo de 1,50 puntos (1h00' "a priori"; 0h50' efectivas, equivalentes a 0,83h).
  • TEMA-1 E TEMA-2, MÓDULO-1: Titoría en grupo. Comentario da PRÁCTICA-1 e do TEST-1 realizados (01h00' "a priori"; 0h55' efectivas, equivalente a 0,92h).
  • TEMA-2, MÓDULO-2: Actividade introductoria (2h00' "a priori"; 1h45' efectivas, equivalentes a 1,75h).
Semana nº 10 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):
  • TEMA-3: Seminario. PRÁCTICA-2, ENCOMENDA-1 (2h00' "a priori"; 1h45' efectivas, equivalentes a 1,75h).
  • TEMA-3: Seminario. PRÁCTICA-2, ENCOMENDA-2 (2h00' "a priori"; 1h45' efectivas, equivalentes a 1,75h).

Semana nº 11 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):

  • TEMA-3: Seminario. PRÁCTICA-2, ENCOMENDA-2 (3h00' "a priori"; 2h50' efectivas, equivalentes a 2,83h).
  • TEMA-3: Seminario. PRÁCTICA-2, ENCOMENDA-3 (1h00' "a priori"; 0h55' efectivas, equivalentes a 0,92h).
Semana nº 12 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):
  • TEMA-3: Seminario. PRÁCTICA-2, ENCOMENDA-3 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h).
Semana nº 13 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h):
  • TEMA-3: Seminario. PRÁCTICA-2, ENCOMENDA-3 (4h00' "a priori"; 3h30' efectivas, equivalentes a 3,50h).
  • TEMA-3: Entrega da PRÁCTICA-2, ENCOMENDA-3 a avaliar; máximo de 2,50 puntos.
Semana nº 14 (entre 2h00' e 4h00' "a priori"; aprox. 3h25' efectivas, equivalentes a aprox. 2,24h):
  • TEMA-2, MÓDULO-2 E TEMA-3: Proba de tipo test TEST-2; máximo 1,50 puntos (1h00' "a priori"; 0h50' efectivas, equivalentes a 0,83h).
  • Realización das Enquisas de Avaliación Docente (EAD) da materia.
  • TEMA-2, MÓDULO-2 E TEMA-3: Titoría en grupo. Comentario da PRÁCTICA-2 e do TEST-2 realizados (entre 1h00' e 3h00'; aprox. 2h25' efectivas, equivalentes a aprox. 1,41h).

OBSERVACIÓN: Por acordo da Xunta de Facultade da FFT, todos os graos da FFT teñen o mesmo calendario académico, ocos nos horarios de 120 minutos e un mesmo calendario de 13,5 semanas para as materias de primeiro cuadrimestre. A duración das clases é variable, estando comprendida esta entre os 105 minutos (para as materias de 48 horas) e os 120 minutos (para as materias de 54 horas). Sendo esta unha materia de 48 horas de primeiro cuadrimestre, illo significa, "a priori", 27 clases. Sen embargo, o calendario docente ten en conta que se "perden" 15 minutos por clase polos cambios de aulas do estudantado e profesorado; illo indícanos que, en total, pérdense 405 minutos (ou, o que é o mesmo, aproximadamente 6 horas). Haberá que restar, pois, estas 6 horas empregadas en "cambios de aula" ó total de horas presenciais especificadas a priori, que é de 54 horas; o cal danos un total real de horas presenciais de 48 horas (que concorda có aprobado no POD do curso en cuestión, en relación con esta materia en particular).

2.1.2. - Probas prácticas da materia

Constitúe o 70% da cualificación final total da
materia (isto é, 7,0 puntos sobre os 10,0 posíbeis). Consistirá na realización
dun conxunto de probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas
relacionadas coa ofimática avanzada aplicada á tradución (45% da cualificación
final total) e coa Tradución Asistida por Computador/Ordenador (25% da cualificación
final total).

Cada unha das probas terá unhas pautas concretas
de obrigado cumprimento como son un tempo limitado de execución, unha data
máxima de entrega e uns parámetros específicos de realización (programas e/ou
versións concretos a empregar, formatos específicos de traballo, métodos
concretos de entrega, etc.). Calquera proba entregada que non cumpra cos
requisitos esixidos será penalizada segundo os parámetros de avaliación
establecidos de antemán.

Aínda que a planificación e a estrutura xeral das
probas poida ser semellante en cada curso académico as probas son
diferentes en cada curso académico; ademais, para evitar a copia das mesmas entre
o alumnado da materia existe un conxunto de mecanismos habilitados para detectar
posibles copias e/ou plaxios. No caso de detectar algunha copia e/ou plaxio
entre o alumnado e/ou algún intento de entregar unha práctica de cursos
pasados, as persoas involucradas na copia e/ou plaxio serán automaticamente
expulsadas da avaliación continua e a cualificación que constará na mesma será
a de NON PRESENTADO/A (N.P.); aínda que, se queren, poderán presentarse á
avaliación final única.

Cada proba poderá entregarse unha soa vez. No
caso de entregar mais dunha vez unha proba dentro do prazo establecido, vai
considerarse como válida á última das versións entregadas (pero, de entregarse
novamente, hai que volvela a entregar toda). Unha vez expirado o prazo máximo
de entrega non se aceptará proba algunha (agás circunstancias especiais que
valoraran os/as docentes da materia); e as probas non entregadas cualificaranse
con 0,0 puntos.

Vanse establecer diferentes quendas de entrega
das probas prácticas de maneira que, unha vez rematadas as sesións presenciais
de cada encomenda ou suposto, o alumnado dispuña aínda, como mínimo, dunha ou
dúas semanas complementarias para poder acabalas de maneira autónoma (por si
fose o caso de ter que dispor de mais tempo para illo).

P1 - PROBA PRÁCTICA Nº 1. Na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm
pódense consultar todos os pormenores actualizados desta proba. Está
relacionada co Módulo-1 do Tema-2 ("A ofimática avanzada aplicada á tradución");
e o obxectivo desta práctica é aplicar os coñecementos e destrezas adquiridos
neste módulo ao ámbito específico da tradución profesional. A práctica constitúe
un máximo de 4,5 puntos da avaliación continua da materia. Consiste na realización e posterior entrega
de 1 das 3 encomendas ou supostos de tradución relacionados con este ámbito.
A entrega desta primeira práctica vai ser na 8ª semana do curso.

Se o alumnado asiste regularmente ás clases
presenciais terá realizado xa, aproximadamente, o 80% da práctica (en calquera
das 3 encomendas ou supostos); o 20% restante forma parte do traballo a
realizar de maneira autónoma por parte do alumnado segundo explícita as
directrices de Bolonia. As tres encomendas conteñen tamén aspectos relacionados
coas novas tecnoloxías da tradución e a comunicación (TIC) e a xestión de
proxectos, as ferramentas telemáticas e o traballo colaborativo no ámbito da
tradución profesional. Unha vez
finalizadas as horas de clase asociadas a esta proba vaise facer un sorteo
público para decidir cal das 3 encomendas vaise ter que entregar para ser
avaliada. A partir dese momento, o alumnado vai dispor dun período de tempo
adicional para poder acabar na aula informática a encomenda escollida para a
súa entrega.


  • P1-E1 - PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-1:
    centrada nas funcións avanzadas dos procesadores de texto e das follas de
    cálculo relacionadas  co ámbito
    profesional da tradución e coa maquetación profesional de documentos
    (Módulo-1 do Tema-2).

  • P1-E2 - PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-2:
    centrada na telemática, e a creación, tradución e hospedaxe de páxinas web
    (Módulo-1 do Tema-2).

  • P1-E3 - PRÁCTICA-1, ENCOMENDA-3:
    centrada nos programas lexicográficos, nas bases de datos de todo tipo e
    nas follas de cálculo relacionados co ámbito profesional da tradución (Módulo-1
    do Tema-2).

P2 - PROBA PRÁCTICA Nº 2. Na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm pódense
consultar todos os pormenores actualizados desta proba. Está relacionada co
Tema-3 ("A tradución asistida por computador/ordenador"); e o obxectivo desta práctica é aplicar
os coñecementos e destrezas adquiridos neste módulo no ámbito profesional da
tradución. A práctica constitúe un máximo de 2,5 puntos da avaliación continua
da materia. Consta de tres encomendas, das que a "ENCOMENDA Nº 1" e a
"ENCOMENDA Nº 2" son non avaliables e soamente van servir para adquirir experiencia
cara á "ENCOMENDA Nº 3", que si vai ser avaliable. A entrega desta segunda práctica
vai ser na 13ª semana do curso.


  • P2-E1 - PRÁCTICA-2, ENCOMENDA Nº 1: é
    non avaliable e soamente vai servir para adquirir experiencia cara á "ENCOMENDA
    Nº 3", que si é avaliable.

  • P2-E2 - PRÁCTICA-2, ENCOMENDA Nº 2: é
    non avaliable e soamente vai servir para adquirir experiencia cara á "ENCOMENDA
    Nº 3", que si é avaliable.

  • P2-E3 - PRÁCTICA-2, ENCOMENDA Nº 3: O valor
    total desta encomenda é de 2,5 puntos.

2.1.3. - Exames tipo test (de preguntas obxectivas) da
materia

Na páxina web http://jmv.webs.uvigo.es/material.htm
pódense consultar todos os pormenores actualizados destes exames tipo test (de preguntas
obxectivas) da materia. Constitúen o 30% da cualificación final total da materia
(isto é, 3,0 puntos sobre os 10,0 posíbeis). Consistirá na realización de dos exames tipo test (de preguntas obxectivas) para avaliar os coñecementos relacionados coas
competencias da materia.

As preguntas van dirixidas, de maneira
particular, a validar os coñecementos e destrezas adquiridos na realización das
diferentes probas práctica relacionados coas competencias da materia; e, de
maneira xeral, para avaliar os coñecementos e destrezas adquiridos nos
diferentes temas 1, 2 e 3 relacionados coas competencias da materia.

No caso de detectar algunha copia entre o
alumnado, as persoas involucradas na copia serán automaticamente expulsadas da
avaliación continua e cualificadas con NON PRESENTADO/A (N.P.); aínda que
poderán presentarse á avaliación final.

Como xa se comentou anteriormente, é requisito indispensable
para poder presentarse ós exames de  preguntas obxectivas da materia ter
entregado a FICHA DE ALUMNO/A convenientemente cumprimentada. De non ser o
caso, excepcionalmente, o/a alumno/a vaise poder presentar ós  exames de  preguntas obxectivas da materia se pode
identificarse nese preciso momento con algún documento oficial onde conste o
seu nome e apelidos e a súa fotografía; e si entrega con posterioridade a
devandita FICHA DE ALUMNO/A.

O valor de cada resposta correcta será
proporcional ao número total de preguntas formuladas e ao principio de cada exame
vaise establecer (de maneira moi clara e por escrito) as posíbeis penalizacións
das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en branco. Estes
parámetros poden variar dun exame a outro desta avaliación continua ou da
avaliación final.


  • T1 - EXAME DE PREGUNTAS OBXECTIVAS Nº 1: Está
    relacionado co Tema nº 1 ("Introdución á materia de 'Ferramentas para
    a tradución e a interpretación I: Informática'"), o subtema do Tema
    nº 2 ("A ofimática aplicada á tradución"), e a proba Práctica nº
    1 da materia. A realización deste primeiro exame de preguntas obxectivas
    vai ser na 9ª semana do curso.

  • T2 - EXAME DE PREGUNTAS OBXECTIVAS Nº 2: Está
    relacionado co subtema do Tema nº 2 ("Introdución á Tradución
    Asistida por Computador/Ordenador"), o Tema nº 3 ("A Tradución Asistida
    por Computador/Ordenador"), e a proba Práctica nº 2 da materia. A realización deste
    segundo exame de preguntas obxectivas vai ser na 14ª semana do curso.

Na medida do posíbel vaise tentar respectar a
programación establecida "a priori"; pero, obviamente, a mesma fica
suxeita a posíbeis cambios de última hora debidos a imprevistos de tipo
persoal, académico e/ou técnico (que serían oportunamente informados a todo o
alumnado da materia a través de todos os medios dispoñíbeis para illo).

2.2. - Primeira edición de actas da materia:
modalidade de "avaliación única"

O alumnado que se acolla á modalidade de
avaliación única na primeira edición de actas da materia vai ter que realizar un
único exame de preguntas obxectivas cun valor máximo de 10,0 puntos en total (o
100% da nota final).

Nesta modalidade de avaliación única non é
requisito que o alumnado entregue FICHA DE ALUMNO/A algunha; pero, obviamente,
vai ter que identificarse o día do exame con algún documento oficial onde
conste o seu nome e apelidos e a súa fotografía.

Nesta modalidade de avaliación única da primeira edición
de actas da materia, dada a especial idiosincrasia desta materia e dos
especiais requisitos de hardware e software que precisa "a priori"; por razóns
de tempo, infraestrutura e de procedemento, basicamente, non se vai esixir ao
alumnado (a diferenza da avaliación continua) que faga ningunha proba/encomenda
práctica. Sen embargo, neste exame de preguntas obxectivas,
váiselle esixir (entre outras cuestións) que probe que sabería facelas se fose
necesario (que sabería utilizar os programas, formatos, procedementos,
metodoloxías, etc. esixíbeis para a súa realización).

Así, pois, as preguntas deste exame de preguntas
obxectivas estarán relacionadas, de maneira xeral, con aspectos teóricos e
prácticos da materia; pero, de maneira particular, tamén coas probas prácticas
de execución de tarefas reais e/ou simuladas realizadas na modalidade de
avaliación continua da primeira oportunidade de avaliación oficial.

O valor de cada resposta correcta será
proporcional ao número total de preguntas formuladas e ao principio de cada exame
vaise establecer (de maneira moi clara e por escrito) as posíbeis penalizacións
das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en branco. Estes
parámetros poden variar ao respecto dos diferentes exames de preguntas
obxectivas da modalidade de avaliación continua realizados.

De detectarse algún intento de copia no exame de
preguntas obxectivas, o alumnado involucrado será de inmediato cominado a
abandonar a aula e o seu exame será cualificado con SUSPENSO/A (0,0 puntos).

Para aprobar a materia nesta avaliación única da primeira edición de
actas da materia o alumnado deberá obter un mínimo de 5,0 puntos no exame de
preguntas obxectivas (sen excepción algunha).

Por acordo da Xunta de Facultade do 03/06/16, "O
exame / A proba/ A entrega de traballos para o alumnado de avaliación única
será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT".

3. - SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS DA MATERIA

A segunda edición de actas da materia rexerase polos mesmos parámetros que a primeira edición de actas da materia na súa modalidade de avaliación única. Con todo, os parámetros relacionados coas posibles penalizacións das respostas incorrectas e/ou das respostas deixadas en branco no exame de preguntas obxectivas poden variar ao respecto desta.









Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000