Consideracións xerais A cualificación final da materia calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, tendo cada unha delas o mesmo peso na cualificación final (Writing: 20%; Speaking: 20%; Listening: 20%; Reading: 20%; Use of English: 20%). Para superar a materia deberase acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo imprescindible acadar un mínimo de 4 puntos en cada unha das destrezas. Téñase en conta que esto non significa que se aprobe con 4 puntos. Aquelas/es alumnas/os que na primeira edición de actas obteñan unha cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberán repetir a(s) parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo para poder aprobar a totalidade da materia. De non superalas en xullo, o alumno deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores. O(s) título(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria será(n) indicado(s) durante as dúas primeiras semanas de clase, tanto na aula coma na plataforma Faitic. A lectura desta(s) obra(s) será avaliada mediante probas orais, nas dúas edicións de actas (xaneiro e xullo), independentemente do sistema de avaliación (continua ou única) polo que se opte. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a
pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén
a súa corrección lingüística. De haber alumnado pertencente ao Programa Sénior na materia, o seu proceso de avaliación poderá ser diferente do aplicado ao resto do alumnado e será acordado coa docente con suficiente antelación. 1ª Edición de actas (Xaneiro 2019) Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica a imposibilidade de participar no outro. a) Avaliación continua Para poder acollerse a este sistema é imprescindible que o alumnado entregue unha ficha cos seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado computarán como 0. A cualificación final daquelas/es alumnas/os que se acollan ao sistema de avaliación continua computarase tendo en conta o seguinte: - As competencias orais (speaking, 20%) serán avaliadas por medio dunha proba que terá lugar nalgunha das sesións presenciais das dúas últimas semanas do primeiro cuadrimestre (entre o 28 de novembro e o 12 de decembro de 2018). A data exacta será fixada e anunciada con suficiente anterioridade, en función dos horarios da materia. - As competencias gramaticais e de uso (use of English, 20%), de escoita (listening, 20%) e de lectura e vocabulario (reading and vocabulary, 20%) serán avaliadas mediante unha proba final que terá lugar nunha sesión presencial da última semana do primeiro cuadrimestre (10-12 de decembro de 2018). A data exacta será fixada e anunciada con suficiente anterioridade, en función dos horarios da materia. - As competencias escritas (writing, 20%) serán avaliadas por medio de tres composicións escritas que se realizarán ó longo do cuadrimestre. A data para cada unha destas composicións será fixada e anunciada con suficiente anterioridade, sendo cada unha delas nas dúas primeiras semanas dos meses de outubro, novembro e decembro de 2018, respectivamente. b) Avaliación única A cualificación final do alumnado que se acolla a este sistema de avaliación única computarase en base ás cualificacións obtidas no exame único establecido pola Facultade na data aprobada pola Xunta de Centro. O exame constará das 5 partes arriba mencionadas e o cálculo da cualificación se realizará seguindo os mesmos criterios establecidos para a avaliación continua. Téñase en conta que este exame oficial establecido polo centro estará destinado unica e exclusivamente a aquelas/es alumnas/os que non tomen parte en ningunha das probas de avaliación continua arriba mencionadas. En ningún caso debe entenderse como unha posibilidade de recuperación para aquelas persoas que, tendo participado na avaliación continua, non teñan superado a (totalidade da) materia. 2ª Edición de actas (Xullo 2019) O exame que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as destrezas (reading and vocabulary, listening, writing, speaking e use of English). O peso de cada unha das destrezas na cualificación final será o mesmo que na 1ª edición de actas e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. |