Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Exercicios de práctica da lingua francesa, de reformulación e tamén de corrección fonética 20 C1
C18
C30
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Probas de comprensión oral 20 C4
D2
D15
Resolución de problemas Exercicios de comprensión e produción escrita 40 C4
C30
D15
D22
Outras Presentación individual 20 C1
C4
C30
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas

O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba.

Para ser avaliado será necesario entregar os traballos na data establecida. As probas non entregadas contarán como cero.

Os alumnos teñen que aprobar todas as destrezas.

En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

O alumno que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa profesora ao comezo do curso. Nese caso poderá examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema de avaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escrita, 50% o oral e 50% o escrito. É necesario aprobar todas as partes para superar a materia. O exame escrito e oral terá lugar no período de exames na data establecida no calendario da FFT.

Segunda edición de actas (xullo)

Os alumnos de avaliación continua e de avaliación única que non superen a
materia na primeira edición de actas, farán en xullo unha proba que
representará o 100% da nota, 50% para a parte teórica e 50% para a
parte práctica. O alumno ten que aprobar todas as partes. A data do exame de xullo será a indicada no calendario oficial de exames da FFT.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000