O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese
traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado
da súa responsabilidade.
O primeiro exame parcial terá lugar en horario de clase, na semana que coincida coa mitade das horas da materia (a data precisa anunciaranse en Faitic e máis no cronograma da materia ao inicio do
cuadrimestre, unha vez coñecido o horario da materia). O segundo exame parcial coincidirá coa data para avaliación única establecida polo Decanato no calendario oficial de exames da Facultade.
Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente ás clases e prefire optar por avaliación única, deberá comunicalo á profesora argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o exclusivamente mediante un exame único na data fixada no calendario oficial de exames polo Decanato. Este exame estará baseado nos contidos da materia, e combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e a nota do exame constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic .
De suspender a avaliación na primeira convocatoria deberá examinarse de toda a materia na segunda.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación
levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar
na data oficial de xullo establecida no calendario de exames oficial.
A AVALIACIÓN DO ALUMNADO ERASMUS E DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS.
Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.