Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e identidade cultural do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentación oral en lingua inglesa por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre un texto do programa.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto os contidos da presentación coma a súa correcta expresión lingüística oral e escrita, así como o traballo de preparación desenvolvido nas titorías previas.
20 A2
A3
A4
A5
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B11
B12
C176
C177
C178
C179
C180
C182
C183
C184
C185
C186
Cartafol/dossier Unha recompilación de breves ensaios (máximo 700 palabras cada un) sobre tres dos textos obxecto de presentación oral grupal na aula (excluíndo o texto presentado pola/o propia/o alumna/o). Cada ensaio deberá conter un breve comentario que recolla os aspectos máis importantes do texto.
A/O estudante deberá subir cada ensaio a Faitic (sección Exercicios) como moi tarde un día antes da análise do texto na aula.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto os contidos dos ensaios coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
15 A2
A3
A4
B6
B8
B9
B11
C176
C177
C178
C179
C183
C186
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba escrita sobre os contidos da materia. Esta proba realizarase na data oficial de exame determinada pola Facultade.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
50 A1
A4
B2
B4
B5
B8
B10
B11
C176
C177
C178
C179
C181
C182
C183
C184
C186
Probas de resposta curta Proba escrita sobre a novela de lectura obrigatoria Purple Hibiscus, de Chimamanda Ngozi Adichie. Constará de preguntas curtas sobre o texto. Realizarase o mesmo día do exame, que terá lugar na data oficial estabelecida pola Facultade. 15 A3
B4
B6
B8
B11
B13
C176
C177
C178
C179
C181
C183
C184
C186
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O proceso de avaliación descrito arriba está deseñado para o alumnado
que asista regularmente ás aulas. O alumnado que non poida asistir con
regularidade por algunha razón xustificada deberá comunicarllo á
profesora ao comezo do cuadrimestre e será avaliado polo sistema de
avaliación única explicado máis abaixo.

É obrigatorio realizar todas as probas previstas na
avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas,
non puidese realizar ou entregar algunha proba, deberá falar coa profesora con antelación á data da proba para estabelecer unha
nova data.

A presentación oral terá
lugar durante as aulas consonte a un calendario que se
estabelecerá ao comezo do cuadrimestre (aproximadamente dende a semana 5 até o remate do cuadrimestre). Para a súa preparación é obrigatorio asistir a titorías coa profesora. O
traballo desenvolvido durante as titorías previas á presentación considerarase
parte desta e, xa que logo, tamén será obxecto de avaliación. Cada persoa
integrante do grupo será avaliada pola súa contribución individual, tanto á
presentación coma ao debate posterior en grupo. Avaliaranse tanto as
competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as
relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá
utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase
a correcta expresión escrita nestes textos, que se lle deberán entregar á
profesora como mínimo un día antes da presentación a través da plataforma de teledocencia
Faitic.

Os ensaios breves do cartafol deberanse entregar a través de Faitic (sección de Exercicios) como moi tarde un día antes da análise do texto na aula.

A proba escrita sobre a lectura obrigatoria realizarase o mesmo día do exame, que terá lugar na data oficial estabelecida pola Facultade.

Todas as probas se cualificarán tendo en conta non só a pertinencia e
calidade do contido das respostas senón tamén a súa correcta expresión
lingüística (oral e/ou escrita) e presentación formal. A existencia de erros
lingüísticos graves e/ou unha deficiente presentación formal (ausencia de
marxes, mala caligrafía, texto riscado etc) causará unha penalización do 10% na
cualificación final da proba en cuestión.

O alumnado avaliado por este sistema non se poderá
presentar ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na
primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso. Só se realizará o cómputo global da materia se se
acada como mínimo un 4 na presentación, no cartafol e na proba sobre a lectura obrigatoria, e un 5 no exame. A cualificación global mínima para aprobar a materia
é un 5.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan participar na avaliación continua. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de
análise e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial do calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba
. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas de realización e entrega das probas de avaliación.

2. AVALIACIÓN DE XULLO



Independentemente do sistema de avaliación seguido na primeira edición de actas, en xullo a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000