Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Significado e discurso do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. 50 A1
A3
A5
B3
B5
C117
Traballo tutelado Realización fóra da aula dun traballo individual ou en parellas supervisado sobre un aspecto do temario acordado previamente e presentación oral do mesmo na aula. 25 A2
A3
A4
A5
B1
B7
B9
C120
C121
Outros Participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e realización das actividades encomendadas. O profesorado recompilará esta información por medio de observación sistemática nas sesións presenciais. 10 A1
A3
A4
B1
B3
B4
B6
B7
B8
B13
C118
C119
C120
C122
Resolución de problemas Resolución de actividades/exercicios/problemas que o profesorado solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo aviso. 15 A2
A3
A4
B6
B8
C119
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) PRIMEIRA
EDICIÓN DE ACTAS (XANEIRO)

1a) Avaliación continua

Para a
avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre
parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación
activa
nas sesións presenciais (ata 10%). Aínda que non existe obriga de
presencialidade, valorarase positivamente a asistencia ás sesións presenciais.

(2) Un exame final (50%) sobre os contidos
teóricos e prácticos da materia que terá lugar
no día, hora e lugar establecidos no calendario de exames aprobado en Xunta de
Facultade. A data, hora e lugar serán lembrados a
través da plataforma Faitic e na aula coa debida antelación.

(3)  Actividades
puntuais
(15%): resolución de exercicios, problemas ou actividades que o
profesorado solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen
previo aviso. A non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero.

(4) Un traballo
escrito
coa súa correspondente presentación oral (25%). Poderá ser un
traballo individual ou en parellas, segundo anuncie o profesorado. A data será
acordada co profesorado coa debida antelación.

É requisito
para superar a avaliación continua acadar unha nota de alomenos 4/10 no exame final. De non cumplirse este requisito, non se aprobará a materia
aínda que a nota media dos catro parámetros sexa 5 ou superior.

1b)
Avaliación única

O alumnado
que non poida seguir a avaliación continua deberá comunicarllo ao profesorado nos
15 primeiros días do curso. Estas/es alumnas/os serán avaliados/as en base a un
único exame final que computará coma o 100% da cualificación
. O exame
abarcará todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso. A celebración do exame único terá
lugar na data oficial do exame aprobada en Xunta de Facultade. A data, hora e lugar
serán recordados a través da plataforma Faitic coa debida antelación.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
(XUÑO/XULLO)

O alumnado
que non supere a avaliación na primeira edición de actas deberá presentarse á
segunda edición de actas de xuño/xullo, na que será avaliado do programa
completo en base a un único exame final. O devandito exame abarcará
todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso e computará
como o 100% da cualificación.
O exame terá lugar na data oficial aprobada
en Xunta de Facultade.

NOTAS

En
caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa
responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000