PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: Na 1ª edición das actas, o alumnado será
avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As
probas non entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia,
será necesario dar conta da lectura anotada, elaborar e presentar o
traballo na data requirida e obter polo menos 10/20 en cada unha do tres
probas finais, que terán lugar dentro do período de exames, na data
aprobada en Xunta de FFT. O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida acollerse á avaliación continua deberá indicalo
ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100%
da materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes
porcentaxes: Lectura anotada: 25%, EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%. Para
aprobar a materia nesta modalidade, será necesario tamén obter 10/20 en
cada unha das probas finais, que terán lugar dentro do período de
exames, na data aprobada en Xunta de FFT. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Na
segunda edición das actas (xullo), o alumnado, tanto de avaliación
continua como de avaliación única, examinarase exclusivamente da parte
da materia que non supere na primeira edición e manteranse as condicións
e as porcentaxes desta última. O exame correspondente terá lugar na
data aprobada en Xunta de FFT. Notas xerais: O plaxio
total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos. |