Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación O/A estudante presenta o resultado obtido na elaboración dunha presentación / documento sobre a temática da materia, en grupo e de forma oral. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B12
B13
C96
C97
C98
C100
C102
C103
C104
C105
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
40 A1
A4
A5
B3
B4
B6
B8
B9
C96
C97
C98
C100
C102
C103
C104
C105
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os/As alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 45 A1
A4
A5
B3
B4
B6
B8
B9
C96
C97
C98
C100
C102
C103
C104
C105
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición de actas

avaliación será continua e realizarase consonte ao detallado nesta sección.

Presentación (15%). A presentación levarase a cabo en grupo. A extensión e temática negociarase co/a profesor/a durante as primeiras catro sesións do curso. Se a/o estudante non contacta co/a profesor/a para negociar grupo, tema e data de presentación, a/o estudante perderá o 15% completo.

Na primeira edición de actas, o progreso do alumnado será avaliado principalmente en dous exames (40% o primeiro parcial e 45% o segundo), mediante os que se avaliarán a habilidade de aplicar o coñecemento teórico aos temas explicados nas sesións maxistrais e nos seminarios. O primeiro exame terá lugar na data fixada no programa da materia que se lle presenta ao alumnado na primeira sesión. O segundo exame terá lugar no período de exames en maio e coincidirá coa data de exame de avaliación única aprobada pola Xunta da FFT. 

É obrigatorio presentarse aos dous exames parciais e facer a presentación durante unha sesión presencial; de non ser así, a/o estudante perderá a avaliación continua e deberá ir á segunda edición de actas en xullo con toda a materia. 

Para aprobar a materia, a nota de cada unha das probas parciais (40% e 45% respectivamente) debe de superar unha cualificación de 4 sobre 10 e a nota de corte global (85%) debe ser superior ao 4,5 sobre 10. De non acadar a cualificación establecida como corte para cada una das probas parciais (4) e global (4,5), a nota da presentación NON fará media aritmética e a nota final será de 'suspenso'. No caso de que a cualificación dun dos parciais non acade unha nota de 4 sobre 10, a/o estudante poderá repetir só esa proba no período de exames de xullo.    

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable. Terase en conta a participación activa na clase, especialmente na elaboración de exercicios; porén, a asistencia por si mesma non é un elemento avaliable. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co/a profesor/a, con anterioridade á data de realización da proba. Os exames parciais considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre suficientemente xustificado (accidente, operación quirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grado na data exacta do exame).

1ª edición de actas, avaliación única

Haberá unha modalidade de avaliación única na primeira edición de actas para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan facer un seguimento regular da materia en avaliación continua. 

A avaliación constará dun exame extenso baseado nos contidos da materia. Para o alumnado que escolla dende o comezo de curso o sistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. A data deste exame será a establecida pola Xunta de FFT para o período de exames de maio. Para superar esta proba, o/a alumno/a debe de acadar un 5 sobre 10. 

A escolla da opción de avaliación única en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través da plataforma Faitic.

2ª edición de actas

Para as/os estudantes da modalidade de avaliación única e para as/os estudantes de avaliación continua que non acadaran un 4 en ningún dos dos exames parciais, a avaliación consistirá nun exame baseado nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Para superar esta proba, o/a alumno/a debe de acadar un 5 sobre 10. O resto do alumnado poder presentarse só ao exame no que non acadara a nota de corte na primeira oportunidade de avaliación e conservará o resto das cualificacións (exame con mais dun 4 e presentación). Como na primera edición de actas, a nota da presentación NON fará media si a nota global dos examen non é 4,5 ou superior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000