Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto que poden ser escritos ou orais. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase especialmente en conta a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 20 A1
A3
A4
A5
B2
B5
B6
B7
B8
C156
C157
C159
C160
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase en cada exame tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. Celebraranse dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia, nas semanas que se explicitan en Outros comentarios. 80 A2
A3
A4
B2
B3
B5
B6
B8
C156
C157
C158
C159
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio total ou
parcial
en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1-AVALIACIÓN CONTINUA. PARCIAIS: Existen 2 exames parciais fixados para a materia en horario de clase, cada un deles computará un 40% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Ambas datas faranse públicas ao comezo do cuadrimestre  na sesión introdutoria e publicaranse en Faitic no Cronograma da materia .

En caso de que a media entre ambos exames sexa de suspenso o alumnado deberá concorrer ao exame único baseado nos contidos globais de toda a materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 80% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar ÚNICAMENTE no período de exames (Xuño/Xullo) na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 

A valoración por participación e presentacións orais nas clases é ata un 20% da nota final da avaliación continua.

2-AVALIACIÓN ÚNICA. EXAME ÚNICO: No caso de alumnado que non concorra aos exames parciais  a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar ÚNICAMENTE no período de exames  (Maio) na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 

O alumnado ERASMUS/Alleo deberá axustarse á normativa que rexe para o alumnado da UVigo neste senso. NON se farán EXCEPCIÓNS en ningún caso.

É responsabilidade do alumnado que non asista ás clases manterse informado de todo o relacionado coa materia a través de Faitic e de presentarse aos exames nas datas
establecidas, que se anunciarán a través da plataforma dixital ao inicio do cuadrimestre.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar ÚNICAMENTE na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

O alumnado ERASMUS/Alleo deberá axustarse á normativa que rexe para o alumnado da UVigo neste senso. NON se farán EXCEPCIÓNS en ningún caso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000