Seminario |
Actividades de formación dirixidas polas profesoras que inciden máis pormenorizadamente nalgún aspecto concreto das unidades temáticas ou as complementan. |
Traballos de aula |
Discusión oral dos textos literarios e/ou fílmicos por parte do alumnado baixo a supervisión das profesoras. O alumnado deberá aplicar ao comentario crítico os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais e mais nos seminarios asi como os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas previas. |
Titoría en grupo |
As titorías grupais son de carácter obrigatorio, terán lugar en horario de clase (nas sesións que se indiquen) e estarán dedicadas, entre outras actividades, á organización das tarefas de aprendizaxe, distribución de traballos, revisión de conceptos, resolución de dúbidas, explicación de cuestións de carácter metodolóxico e a supervisión da elaboración dos traballos. |
Estudo previo |
O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto o manual teórico coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en faitic antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e ter realizada a lectura do material. |