En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás titorías e a consulta dos materiais e informacións específicas
na plataforma FAITIC, mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.
Un bo nivel de lingua galega axudará na comprensión desta materia.
A lectura e a audición de textos en lingua portuguesa axudan a aumentar o léxico e a fluidez no uso da lingua.
Na biblioteca da Facultade existen interesantes recursos que facilitarán o estudo desta materia.
|