As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro. Avaliación continua Dado que se trata do ensino dunha lingua estranxeira, é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Quen non teña posibilidade de asistir a un mínimo de 80% das aulas debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta. A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT. O exame oral terá lugar no mesmo día nunha sala contigua. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación. É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a
materia. Non se realizará media de non ser así. En caso de suspenso, o alumnado de avaliación continua deberá recuperar na convocatoria de xullo aquela(s) proba(s) que teña suspensa (oral, escrita ou ambas, segundo o caso). Avaliación única A avaliación única consiste dunha proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas de aula contiguas. A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial de exames da FFT. É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. En caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo. A avaliación única valorarase da seguinte forma: 1. Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final. 2. Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. A non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención nela dunha cualificación de 0 (cero) puntos. A copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou única serán penalizados cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Segunda edición das actas A avaliación consiste nunha proba escrita seguida doutra proba
oral que se realizarán no mesmo día. A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial da FFT para os exames de xullo. Os mesmos criterios da avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). Gravarase a proba oral. No caso particular do alumnado de avaliación continua que non superase a materia na primeira convocatoria e tivese que acudir á segunda
edición das actas, este terá que examinarse exclusivamente da
parte ou partes que teñan suspensas (exame oral e/ou escrito). |