1ª edición de actas: avaliación continua Haberá dúas probas que contarán un 90% da nota final (45% cada proba). Poden ser orais ou escritas, de ser escritas, unha delas pode consistir nun traballo. A primeira proba será a mediados de curso e a segunda a finais. O 10% da nota restante será as presentacións feitas polo alumnado na clase. A nota final será a suma desas tres notas. Se a nota final é suspenso, o alumnado deberá examinarse de toda a materia na segunda edición de actas. As probas faranse durante o período lectivo. As presentacións feitas na clase non son recuperables. A non
entrega dun traballo en tempo e forma de traballos ou de presentacións puntuará como cero. Os/As alumnos/as que non poidan asistir a algunha das probas sexa cal sexa o motivo, deberán facer esa proba o día da proba de avaliación única. Este exame será na data marcada no período de exames no calendario aprobado na Xunta da FFT. O alumnado que non curse a modalidade de avaliación continua deberá
explicar razoadamente e por escrito os seus motivos nas dúas primeiras
semanas do curso. 1ª edición de actas: avaliación única. O alumnado que non se acolla á avaliación continua fará un exame de avaliación única con contidos teóricos e prácticos. Este exame computará coma o 100% da nota: a expresión formal contará un 50% e os contidos 50%. Este exame será na data marcada no período de exames no calendario aprobado na Xunta da FFT. 2ª edición de actas A segunda edición de actas (xullo) consistirá nunha proba cunha serie de cuestións teóricas e problemas para resolver semellantes aos que se teñan feito na clase. Este exame único final terá lugar no período de exames do mes de xullo, na data oficial fixada aprobada pola Xunta de FFT. Este exame computará coma o 100% da nota e terase en conta tanto o contido coma a expresión lingüística, que contarán como un 50% cada unha. |