Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grado en Lenguas Extranjeras
 Asignaturas
  Primer idioma extranjero V: Inglés
   Evaluación
  Descripción Calificación Resultados de Formación y Aprendizaje
Resolución de problemas Pruebas orales y escrituras para evaluar el uso del vocabulario y la gramática, así como las destrezas orales y escritas, al final del cuatrimestre.
El valor de cada una de esas pruebas será el siguiente: Use of English: 10%, Listening: 10%, Speaking: 10%, Reading: 10% y Writing: 10%.
50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
C1
C2
C7
C8
C9
C11
Resolución de problemas Probas orais e escritas para avaliar o uso do vocabulario e a gramática, así como as destrezas orais e escritas, ao final do cuadrimestre.
Haberá unha proba por compoñente. O valor de cada unha desas probas será o seguinte: Use of English: 10%, Listening: 10%, Speaking: 10%, Reading: 10% e Writing: 10%.
50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
C1
C2
C7
C8
C9
C11
 
Otros comentarios sobre la Evaluación

1ª EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua: 

O proceso de avaliación arriba descrito está deseñado para o alumnado que asista regularmente a clases. O alumnado que non poida asistir con regularidade por algunha razón xustificada deberá comunicarllo ao profesorado a principios do cuadrimestre e será avaliado polo sistema de avaliación única explicado abaixo.

Na primeira edición de actas, o progreso do alumnado será avaliado principalmente en dous exames (50% o primeiro parcial 50% o segundo) mediante os que se avaliarán o uso da gramática e vocabulario, a comprensión oral, a comprensión lectora e a expresión escrita. As probas de expresión oral acordaranse co profesorado coa debida antelación. O primeiro exame parcial terá lugar na data fixada no programa da materia que se lle presenta ao alumnado na primeira sesión. O segundo exame terá lugar no período de exames en maio e coincidirá coa data de exame de avaliación única aprobada pola Xunta da FFT.

É obrigatorio presentarse aos dous exames parciais; de non ser así, a/o estudante perderá a avaliación continua e deberá presentarse á segunda edición de actas en xullo con toda a materia. 

Para facer media entre os dous exames, a nota de cada 'compoñente' (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) debe de superar unha cualificación de 4 sobre 10 tanto na primeira proba parcial coma na segunda.   

Para superar a materia, terase que acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente, unha vez feita a media dos dous exames parciais. 

No caso de acadar un suspenso na nota global na primeira edición de actas, se o alumno aproba un ou máis compoñentes, gardaráselle a nota dese(s) compoñente(s) polo que so terá que recupera-las partes suspensas na segunda edición de actas (xullo).

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable. 

Se un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co/a profesor/a, con anterioridade á data de realización da proba. Os exames parciais considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre suficientemente xustificado (accidente, operación quirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grado na data exacta do exame).

Avaliación única

Para o alumnado que escolla dende o comezo do curso o sistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. A proba terá cinco compoñentes (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) cun peso de 20% cada un. Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente.

A data deste exame será a establecida pola Xunta de FFT para o período de exames.

2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non se presente ou suspenda ao final do cuadrimestre (primeira edición de actas) poderá presentarse aos exames de xullo nas datas que marque o calendario oficial do centro. 

Para as/os estudantes que non se presentaran antes, a proba terá cinco compoñentes (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) cun peso de 20% cada un. Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente.

Aqueles/as alumnos/as que se presentaran na primeira edición de actas pero foran cualificados/as con Suspenso poderán facer unicamente os compoñentes nos que non acadaran un 5, conservándoselle as notas dos compoñentes aprobados (nesta convocatoria soamente). 

OUTROS COMENTARIOS

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores ou calquera outro aparello electrónico, con ou sen conexión a internet.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade suporá un cero nesa parte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000