Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Speaking:
1. Pronunciation and intonation.
2. Developing topics, expressing and justifying opinions and organizing discourse, and short interviews by showing ability to use general interactional and social language.
30 A3
A4
B1
B5
B6
B13
C1
C2
C4
C6
C10
C11
C13
Probas de resposta curta Use of English (grammar and vocabulary):
1. Open cloze exercises.
2. Word transformation tasks.
3. Key-word transformations.
4. Gapped sentences, etc.
40 A2
B1
B5
B6
B13
C1
C2
C4
C6
C10
Exame de preguntas obxectivas Listening:
1. Tasks such as multiple choice, sentence completion and multiple matching.
2. Listening for main ideas, listening for details.
3. Guessing meaning from context and making predictions before listening.
4. Listening for the development of oral language: stress, intonation and register.
5. Listening tasks for vocabulary acquisition.
30 B1
B5
B13
C1
C2
C4
C6
C10
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase que o alumnado siga a avaliación
continua, sendo o sistema con máis posibilidades de éxito.

1. CONSIDERACIÓNS XERAIS

O curso ten unha orientación práctica. Para
poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B1 de inglés. O nivel para
superar a materia ao final do cuadrimestre deberá ser B1.2.

1.1. A cualificación final da materia
calcularase tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do
cuadrimestre segundo as porcentaxes que se indican:

As destrezas comunicativas: Comprensión oral (Listening comprehension): 30%; expresión oral (Speaking): 30%. 


A destreza lingüística: Gramática e vocabulario (Use of English): 40%.

De este xeito, asuma das dúas partes (teoría
e práctica) sumarán 100%.

1.2. Para superar a materia será
imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global;
sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida nas destrezas para facer a media e
alcanzar o 5 (aprobado). O alumnado que na primeira edición de actas obteña una
cualificación de suspenso nalgunha(s) das destrezas deberá repetir a(s)
parte(s) correspondentes a tal(es) destrezas no exame de xullo do 2019 para
poder aprobar a totalidade da materia.

1.3. Non se contempla o exame único do mes de
decembro/xaneiro como exame de recuperación para aprobar a(s) parte(s) da(s)
destreza(s) suspensa(s) na avaliación continua. De non superalas en xullo 2019,
o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos
posteriores. Xa que logo, as partes superadas carecerán de validez para datas e
cursos posteriores ao 2018-2019.

1.4. O plaxio total ou parcial en calquera
tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.

1.5. Non se permite a utilización de
dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles,
tabletas, ordenadores, etc.) durante a realización dos exames.

2. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (xaneiro 2019)

Existen dous sistemas de avaliación (continua
e única) para superar a materia nesta primeira oportunidade e participar
nun deles, supón a imposibilidade de participar no outro.

2.1. Avaliación continua

2.1.1. O alumnado entregará unha ficha cos
seus datos de contacto e fotografía durante as tres primeiras semanas do
cuadrimestre. De igual maneira, será imprescindible a súa participación nas
diferentes probas que se vaian realizando ao longo do cuadrimestre, así como a
entrega das actividades que corresponda nas datas sinaladas. As probas nas que
non se participe ou as actividades non entregadas no prazo estipulado
computarán como 0 (cero). A avaliación, tanto continua coma única, terá en
conta non só pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa
corrección lingüística.

2.1.2. Na segunda edición de actas (xullo
2019) o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.

2.1.3. É obrigatorio a realización de dous exames de comprensión oral (listening) (30%) e dous exames de expresión oral (speaking) (30%). Toda esta parte computará o 60% da cualificación final. Así
mesmo, realizaranse dúas probas sobre os contidos lingüísticos de gramática e
vocabulario (Use of English); esta parte computará o 40%. As datas da
realización das probas publicaranse na plataforma Faitic.

2.1.4. Para superar a materia será
imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global,
sendo 4 puntos a puntuación mínima requirida nas destrezas para facer a media e
alcanzar o 5 (aprobado).

2.1.5. As datas de avaliación, que se desenvolverán durante as horas de clase, son as que seguen:

LISTENING: Semanas 5 e 10 (durante as horas de prácticas).

SPEAKING:  Semanas 6 e 12 (durante as horas de prácticas).

USE OF ENGLISH: Semanas 6 e 12 (durante as horas de teoría).


2.2. Avaliación única

2.2.1. A avaliación final do primeiro
cuadrimestre se desenvolverá na data oficial aprobada pola xunta de Centro e
deberá ser consultada polo alumnado na páxina web da Facultade.

2.2.2. Os porcentaxes de las destrezas son os
seguintes:

As destrezas comunicativas


Comprensión oral (Listening comprehension): 30%. 


Expresión oral (Speaking): 30%.

A destreza lingüística

Gramática e
vocabulario (Use of English): 40%.

3. SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo 2019)

3.1. O exame que o centro fixe oficialmente
para o mes de xullo constará das partes necesarias para avaliar todas as
destrezas (Listening, Speaking e Use of English). O peso de cada unha das
destrezas na cualificación final será o mesmo que na primeira edición de actas
e, de igual maneira, para superar a materia será imprescindible acadar unha
cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 4 puntos a puntuación
mínima requirida nas destrezas para facer a media e alcanzar o 5 (aprobado). A
suma das destrezas comunicativas (60%) e da destreza lingüística (40%) sumarán
o 100% da nota final obtida.

3.2. É responsabilidade do alumnado consultar
os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto
das datas na que as probas de avaliación teñen lugar.

4. Os mesmos criterios, aquí descritos, tamén
se aplicarán ao alumnado alleo. En caso de non poder acceder á plataforma
FAITIC, o alumnado alleo deberá contactar cos docentes para liquidar este
impedimento. Para poder seguir a docencia, recoméndase que o alumnado alleo
posúa un nivel B1 (Marco Europeo de Referencia) de inglés.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000