Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 20 A1
A2
A3
A4
B1
B6
B11
C53
C54
C55
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto.... 10 A1
A2
A4
B1
B6
C53
C54
C55
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa. 70 A2
A3
C53
C54
C55
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Todas as alumnas
e alumnos serán avaliados co sistema deseñado para a avaliación continua, que
require a presentación dun traballo escrito tutelado (20%), unha presentación
oral (10%) e un exame (70%).

A entrega do
traballo tutelado programarase para a primeira semana de outubro (do 2 ao 6).
As presentacións terán lugar na última semana de setembro, aínda que esta datas
son orientativas e pode ser necesario modificalas dependendo da marcha do
curso. O exame terá lugar na data oficial prevista no calendario da Facultade.

Aínda que se
recomenda a todo o alumnado que asista ás clases, non se esixe asistencia para acollerse ao sistema de avaliación
continua
. O alumnado que por razóns xustificadas non poida participar de
forma regular nas sesións deberá comunicarllo á profesora nas primeiras semanas
de curso e  estar pendente da plataforma
Faitic para informarse das novidades ou axustes que se poidan producir. Deberá
tamén manterse en contacto coa docente e acordar con ela o calendario de
entrega do traballo e da presentación, ademais de asistir ao exame da materia
na data oficial prevista no calendario da Facultade.

 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

As alumnas e
alumnos que non alcancen o aprobado na primeira oportunidade (xaneiro) poderán
presentarse en xullo, na data oficial correspondente. A proba a través da que
se cualificará nesta edición de actas é un exame que incluirá preguntas
teóricas e prácticas. Non se gardan nin a presentación nin o traballo nesta
segunda edición.

Tanto na primeira como na segunda edición de actas, non se poderá obter a cualificación de
aprobado se non se alcanza un mínimo de 5 puntos (sobre 10). Tanto nos exames
como no resto dos exercicios e probas propostos,  penalizaranse os erros de expresión
(ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico,
etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se
puntuará.

O alumnado
erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta
altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000