Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Serán determinantes na cualificación aspectos como a correcta presentación e organización do texto, o grao de competencia oral do/a discente, a súa axeitada exposición así como os diferentes procedementos didácticos utilizados. 5 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B4
B6
B8
C53
C54
C55
Resolución de problemas Cada alumno/a deberá resolver pola súa conta semanalmente unha serie de exercicios que despois serán revisados na clase. As profesoras especificarán no seu momento cales destas prácticas serán avaliables. 25 A1
A3
B1
B6
B8
B9
B12
C53
C54
C55
Traballo Cada discente deberá elaborar un traballo escrito sobre un tema acordado coa(s) profesora(s), que titorizará(n) a súa elaboración. Na valoración do traballo teranse en conta como aspectos fundamentais a corrección lingüística e formal, a puntuación e a adecuada organización do texto. 10 B1
B6
B8
B9
B12
C53
C54
C55
Probas de resposta curta Farase un exame de cada unha das metades da materia que abranguerá os contidos fundamentais do temario. 60 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B6
B9
B10
C53
C54
C55
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Modalidade de avaliación continua. O estudantado que asista ao curso e participe de xeito regular fará un exame de cada unha das metades da materia. O primeiro exame (30%) terá lugar na penúltima semana de outubro, ao remate da primeira metade da disciplina. O segundo exame (30%) realizarase na última semana de clase, en decembro. Será preciso obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) nas dúas probas escritas para aprobar a materia. O alumnado que suspenda a primeira parte terá opción de recuperala na data oficial fixada para a avaliación única pola FFT. A data de entrega dos traballos/proxectos será acordada coa(s) profesora(s) ao longo do curso.

Quen non se acolla á avaliación continua deberá xustificalo de xeito razoado ao comezo das sesións e realizar a avaliación única mediante un exame na data oficial aprobada pola Xunta de FFT. Para presentarse a este exame será requisito indispensable que previamente entregue á(s) profesora(s) un traballo (semellante ó incluído no apartado de "Traballos e proxectos" da avaliación continua), que deberá obter como mínimo a cualificación de "apto" (aprobado) polo equipo docente. Sempre e cando obteña a consideración de apto, este traballo suporá o 10% da nota (isto é, un máximo de 1 punto sobre 10).

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo)

O estudantado, tanto de avaliación continua como de avaliación única, que non supere a materia na primeira edición de actas será avaliado na segunda edición de actas (xullo) por medio dun exame na data oficial aprobada pola Xunta de FFT. Para presentarse a
este exame será requisito indispensable que previamente se entregue á
profesora un traballo (cos mesmos requisitos que o descrito no apartado de "Traballos e
proxectos" da avaliación continua) que sexa considerado apto pola(s)  profesora(s); neste suposto, o antedito traballo suporá o 10% da nota (máximo de 1/10).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000