Traballo |
Redacción escrita e exposición oral dun traballo, que pode facerse en grupos pequenos. Implica a súa exposición oral, o debate e a defensa do devandito traballo. |
20 |
A2 A3 A4 A5
|
B11 B12
|
C79 C81
|
|
Outras |
En todas as actividades e probas valorarase a participación activa do alumnado. |
10 |
A2
|
|
|
|
Primeira edición das actas : O alumno/a debe escoller a principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única. Recoméndase, en todo caso, o primeiro deles. Para non perder a avaliación continua será necesario entregar, como mínimo, tres dos exercicios feitos en clase e indicados pola profesora que se realizarán durante o cuadrimestre nas clases prácticas. O alumnado que siga o sistema de avaliación continua deberá notificalo nas dúas primeiras semanas de clase e realizará un exame, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación suporá o 50% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. Ademais, o 20% da nota final obterase coa resolución de exercicios relacionados con algúns temas que se realizarán nas clases prácticas. Outro 20% da nota final obterase coa redacción escrita e exposición oral dun traballo. O 10% restante obterase coa participación activa do alumnado en todas as actividades desenvolvidas na aula. Recoméndase o uso da bibliografía complementaria indicada pola profesora, a disposición das estudantes e os estudantes nas bibliotecas da Universidade de Vigo, para a realización dos traballos que implican exposición oral, o debate e a súa defensa. A exposición terá lugar nas catro últimas semanas e terán que ser entregados á profesora cunha semana de antelación á súa exposición. Non se admitirán os traballos fora do prazo indicado pola profesora e non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet e, especialmente, de wikipedia. A copia ou plaxio, total ou parcial, nos traballos suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. O alumno/a que non siga o sistema de avaliación continua terá avaliación única mediante un exame, na data oficial establecida no calendario de exames da FFT, no que a cualificación suporá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. O 40% restante será completado a través dun traballo obrigatorio, a convir coa docente, que os alumnos/as deberán entregar como data límite na fixada para a realización da proba escrita. Para poder superar o exercicio será necesario obter como mínimo 3 puntos na parte teórica e 2 no traballo. Na segunda edición de actas (xuño-xullo) o alumnado de avaliación continua que realizou todos os traballos prácticos e obtivo unha cualificación de polo menos 5 sobre 10, non terá a obriga de volver presentalos. Deberá superar só un exame sobre a materia impartida nas clases teóricas, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación suporá o 50% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. O alumnado que non acadara a nota mínima requirida durante o curso ordinario nos traballos prácticos, o de avaliación única e o alumnado de cursos posteriores deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica que representará o 40% da cualificación versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter como mínimo 3 puntos na parte teórica e 2 na práctica. |