A materia de Socioloxía: Estrutura Social, Consumo e Estilos de vida ten como obxecto introducir nos procesos de emerxencia e consolidación das actuais sociedades de consumo. O enfoque que se adopta examina de forma conxunta o devir histórico dos sistemas de produción e consumo. Deste xeito, a comprensión das innovacións tecnolóxicas, organizativas, culturais, políticas, e dos estilos de vida, corre parella ao exame dos sistemas de xerarquización e desigualdade social.