As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na web da materia e na web da facultade.
1. Avaliación en primeira convocatoria 1.a. Avaliación presencial O alumnado deberá realizar e expor oralmente en grupo unha secuencia pedagóxica para traballar un aspecto do currículum da lingua estranxeira, así como completar a ficha de reflexión e avaliación de cada sesión presencial no seu portfolio. A nota final calcularase a partir da suma ponderada (proxexto e presentación 90%, portfolio 10%) das notas obtidas en cada parte.
1.b. Avaliación non presencial O alumnado que non puider ou non desexar vir á clase deberá solicitar ao profesor facer a avaliación non presencial ao longo das dúas primeiras semanas de aulas. A avaliación non presencial consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. O tipo de exame e a grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na web da materia.
2. Avaliación en segunda convocatoria O alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (presencial ou non presencial) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria.
3. Linguas de traballo As linguas de traballo da materia serán o francés e o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa ou inglesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das linguas de traballo. Os enunciados dos exames estarán redactados en lingua francesa e inglesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das dúas linguas.
3. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá ser obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia.
Fica prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos. |