Lección maxistral |
Desenvolvemento dos temas e contidos da materia a través de explicacións apoiadas mediante exemplos e imaxes. |
Traballos de aula |
Exercicios e prácticas guiadas con recursos educativos, materiais e técnicas propias da ensinanza das Artes, do Debuxo Técnico ou da Educación Plástica. |
Prácticas en aulas informáticas |
Prácticas de Xeometría Dinámica con Geogebra (http://www.geogebra.org). |
Presentación |
Presentacións, exposicións públicas e prácticas co encerado dixital interactivo. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Procura de información a través da rede, publicación e intercambio de recursos educativos, e participación en foros, blogs e outras plataformas 2.0, para fomentar o desenvolvemento de redes persoais de aprendizaxe. |