Lección maxistral |
Nas sesións maxistrais expóñense os contidos teóricos de cada tema e que servirán de base para a realización dos traballos que han de realizar os alumnos. |
Seminario |
Nos seminarios ampliaranse os contidos tratados na sesión maxistral, propoñendo e comentando novas actividades que ilustren o tema con maior profundidade. |
Titoría en grupo |
Nas titorías o profesor supervisa os traballos prácticos do grupo asesorándoos e orientándoos na súa realización e podendo considerar a achega que cada alumno fai ao desenvolvemento dos mesmos. |