Aprendizaxe baseado en proxectos |
Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro proxectos que integrarán o portfolio ou blog de aprendizaxe e que se deberán presentar oralmente nas datas indicadas no inicio do curso. Todos os proxectos serán de carácter grupal e as instrucións para a súa realización estarán detalladas na web da materia. Preferentemente nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas mediante a realización de actividades grupais e colaborativas. |
Resolución de problemas |
Nos grupos B, o alumnado realizará unha serie de actividades de aprendizaxe coas que o profesor ilustrará estratexias, metodoloxías e tecnoloxías habituais no ensino dunha lingua estranxeira. |