As datas de exames se poden consultar na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames A asistencia puntual e regular posibilita a realización dos exercios e a resolución de problemas procedimentais. No caso das sesións maxistrais o seu seguimento é imprescindible para o asento conceptual dos exercicios e traballos tutelados. Para garantir a autoría dos esbozos e exercicios procedimentais a súa elaboración realizarase, polo menos na maior parte, no horario docente. Para superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as porcentaxes de cada un dos bloques detallados (Resolución de problemas e/ou exercicios 30%, Sesión maxistral 20%, Traballos tutelados 50%). É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se proceda a calcular a nota media. Na SEGUNDA CONVOCATORIA os/as alumnos/as deben porse en contacto coas responsables da materia. Para superar esta convocatoria o/a alumno/a deberá entregar resoltas as propostas relativas á elaboración de unidades e materiais didácticos que se propuxeron durante o curso, así como os exercicios procedimentais realizados tamén durante o curso presencial. Neste caso o calculo da nota final farase tendo en conta: Resolución de problemas e/ou exercicios 50% e elaboración de unidades didácticas, elaboración de materiais didácticos 50% Non se fará a media se non se alcanza polo menos un 4 en cada un dos apartados. No caso de alumnos/as que asistan regularmente a clase e presenten as entregas parciais puntualmente e en forma e aínda así non superen a materia deberán, para esta segunda convocatoria, repetir só aqueles exercicios nos que non alcanzasen o 5, conservándoselles o resto das notas obtidas nas tarefas aprobadas. As datas desta segunda convocatoria poderán consultarse na web da facultade no apartado de organización académica: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames AVALIACIÓN DE XULLO Aqueles alumnos/as que non asistan ás clases deberá entregar resoltas, na fecha do exame, as propostas relativas á elaboración de unidades e materiais didácticos que se propuxeron durante o curso, así como os exercicios procedimentais realizados tamén durante o curso presencial e outro de caracter complementario, cos soportes e calidades que no seu momento detallaranse. A falta de asistencia as clases reforzarase coa tutoría para poder supervisar o proceso de traballo do/a alumno/a. |