Recoméndase encarecidamente que se lea esta
guía con atención para poder aclarar as dúbidas xa na sesión de presentación da
materia o primeiro día e non pasemos o curso aclarando cuestións que xa están
recollidas neste documento. Recoméndase poñer atención á documentación que
se sube á plataforma virtual FAITIC. Nela están desenvolvidos os temas,
esquemas de traballo, fichas e guións para realizar comentarios e outros
traballos voluntarios, guías (como a de análise de películas con perspectiva sociolóxica),
novas, anuncios, calendario previsto de realizaión do programa e datas das
probas de avaliación. Ningún traballo tutelado vai darse por
finaliazado ata que non acade a cualificación de apto. Debe poñerse atención á bibliografía máis
ampliada e bases de datos importantes para o desenvolvemento dos traballos. Recoméndase ver os vídeos, documentais e
películas que se propoñen nos diversos temas da materia pois contribúen a abrir
o foco e a mellorar a comprensión do tema. Tamén é importante ler a prensa e estar ao
tanto dos acontecementos, e ter unha actitude aberta, curiosa e crítica ante o
mundo. Polo tipo de materia que é fáise máis fincapé
nos aspectos reflexivos que memorísticos.
A segunda convocatoria (avaliación de xullo) terá os mesmos requirimentos,
de tal maneira que as partes superadas na primeira non hai que repetilas. A data de exame pódese consultar na web da facultade no apartado de
organización académica. http://feduc.webs.uvigo.es/ As condicións de avaliación do alumnado non asistente son que certifique e motive razoablemete a imposibilidade de asitencia. Será guiado na aprendizaxe e non cumprimento dos fitos a través de titorías concertadas coa docente. Os requirimentos non serán diferentes en relación á consecución das competencias, a excepción do que depende do traballo que se fai en grupo ou que se ha de presentar oralmente diante do mesmo. |